Bandeiras

Etiquetas:
14/07/2020

Esta mañá procedeuse ao izado das bandeiras azuis nas praias de Ril, A Marosa e O Portelo. Ademais Ril adheriuse á rede galega de Praias sen Fume. Trátase da primeira vez que un areal do concello forma parte desta iniciativa. Ao acto desta mañá asistiron o alcalde, Alfredo Llano, xunto aos concelleiros de Medio Ambiente, Turismo, Servizos Socias e Inmigración, Toñi Eijo, Ramiro Fernández Rey, Carmela López e Noelia María Ben.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “esta mañá procedemos ao izado das bandeiras azuis nas praias de Ril, A Marosa e O Portelo, que son nas que conseguimos a bandeira azul. Este galardón é un premio, un selo de calidade, que se outorga ás praias que reúnen certos criterios de excelencia, seguridade e calidade. Xa levamos moitos anos recibindo estes distintivos, o que indica que cumprimos cos...

leer más
Etiquetas:
14/07/2020

O Real Club Náutico de Ribadeo izou hoxe, luns, as súas bandeiras azul e Q de calidade turística no porto deportivo de Porcillán. Ao acto, celebrado este mediodía, asistiron representantes da corporación municipal e da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense xunto a membros da directiva do club, que observaron atentamente como a nena Elena izaba as dúas bandeiras. 

O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, declarou que “este sinxelo acto non é nada máis que un recoñecemento ao labor destes 8 anos nos que levamos aquí. É o oitavo ano no que temos a sorte de izar esta bandeira que certifica que o porto de Ribadeo é un porto dos mellores de Galicia. Tanto é así que estamos no ranking dos sete primeiros portos deportivos que ten Galicia, tanto en número de tránsitos como en instalacións...

leer más