A Pontenova celebra a VI Festa da Malla o 27 de agosto. Tamén haberá música, gastronomía e actividades infantís.

O Concello de A Pontenova, coa colaboración de Amigos da Malla, organiza a VI Festa da Malla, que terá lugar o 27 de agosto ao carón do Pozo da Ola.

Esta festa da comezo as 12:00 horas coa malla, que será interrompida as 13:30 pola sesión vermú, amenizada polo Dúo Zafiro, e a comida. A malla continuará as 17:00 horas, cando tamén dan comezo unhas canoas para os nenos e as nenas no Pozo da Ola. As 20:30 horas volve coa música o Dúo Zafiro, que estarán tamén á noite para rematar a xornada, seguido por uns pinchos de bolos preñados e lacón.

Para acudir á comida xa mencionada, deberanse recoller os tíckets antes do 26 de agosto no Lar de Balbina ou Zapatería Orli. O prezo para adultos e de 20€ e para  nenos (ata os 12 anos) de 12€, e o menú consistirá en lacón, pasta, tenreira asada, postre e café.