A parroquia cervense de Rúa celebrará a Festa da Malla o 1 de setembro. Haberá paseos a cabalo, xogos tradicionais, cestería e verbena.

A parroquia de Rúa celebra este sábado, 1 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e varios membros da Asociación de Veciños.

A cita comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a ruta de sendeirismo, e xa ao mediodía o Dúo Diamantes será o encargado da sesión vermú. Ás 14 haberá un xantar que será de balde ata 5 anos, 10€ de 5 a 10 anos e 20€ para os maiores de 10 anos.

Pola tarde, ás 18h terá lugar a Malla Tradicional e ás 20h haberá Xogos Populares para nenos e maiores.

A xornada completarase con unha demostración de cestería que se extenderá ao longo de todo o día.

Ás 22:00 horas comezará a verbena da man do Dúo Diamantes.

Haberá unha carpa instalada para a ocasión e serviranse comidas no propio campo da festa. Os asistentes poderán ir vestidos de época para ambientar.