A parroquia cervense de Rúa celebrará a súa Festa da Malla o 7 de setembro. Haberá paseos a cabalo, rutas de sendeirismo, xogos, música e comida.

A parroquia de Rúa celebrará o vindeiro sábado, 7 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e por varios membros da Asociación de Veciños.

A Festacomezaráás 10:00 horas con paseos a cabalo e unha ruta de sendeirismo. Xaao mediodía o GrupoVivarium será o encargado da sesión vermú.Ás 14:00 horashaberá un xantara cargo de Chao de Brea que será de balde para os nenos de ata 5 anos, 10€ terán que pagar os pequenos de 5 a 10 anos, e 20 euros os maiores de 10 anos.

Pola tarde, ás 17:00 horas,haberáxogos populares, seguidos da Malla que está prevista para as 18:30 horas. Ao remate venderanseracións de empanada e bolos preñados.
Ás 22:00 horas comezará a verbena da man do Grupo Virarium.

As persoas interesadas en asistiraoxantarteñen que anotarse antes do día 31 de agosto nos teléfonos 609 672 202 ou 635 815 591.Os asistentes poderán ir vestidos de época para ambientar a festa.