A II Festa da Enfariñada, que se celebrará o 5 de maio en Trabada, fusionará música, artesanía e gastronomía.

No mes de maio temos unha cita gastronómica e cultural de primeiro nivel no concello de Trabada. 

Celébrase a II Festa Gastronómica da Enfariñada, unha xornada na que a música, a artesanía e a gastronomía se integrarán nunha mesma celebración para desfrute de todos os visitantes. 

Pola mañá, a partir das 12:00 horas, terá lugar unha demostración de restauración-torno da man de Vicente Ledo; ás 12:30 actuará o Cuarteto Tradicional Illa Pancha, ás 13:30 Airiños da Freba e de forma simultánea o público poderá percorrer o Mercado de produtos locais de artesanía ou desfrutar do produto estrela: a Enfariñada. 

Chegadas as 16:30 actuará Susana Seivane, unha das artistas galegas de maior prestixio internacional. 

Despois do éxito da primeira edición, prevese que centos de persoas asistan a esta nova edición da Festa da Enfariñada de Trabada, convertindo desta maneira á cita gastro-cultural nun referente da Mariña Lucense e de toda a provincia de Lugo. En definitiva, un acontecemento gastronómico e cultural para toda a familia no que o prato típico de Trabada, a Enfariñada, se converterá no elemento central en torno ó que confluirán a música e a artesanía.