O 1 de maio celebrarase en Trabada a Festa Gastronómica da Enfariñada e o 30 de abril a Festa da Xuventude.

O 30 de abril haberá dúas celebracións en Trabada:
-Ás 17 horas, como acto conmemorativo do terceiro aniversario do centro de atención aos maiores , terá lugar un concerto moi especial da Banda de Música de Ribadeo
-Ás 23 horas dará comezo a festa da xuventude co grupo de música Nueva Fuerza e a discoteca móvil THE SOUND PROJECT

O 1 de maio será a Festa Gastrónomica da Enfariñada na que haberá tres actuacións musicais:
-Ás 12 horas pasarrúas a cargo do Cuarteto Tradicional Xaramolo
-Ás 13.30 horas concerto do grupo A Tajea
-Ás 16.30 horas actuación de Pepe Vaamonde Grupo

Desde o Concello de Trabada sinalan: “agardamos que vos guste esta programación. Por unha banda mantemos vivo o espírito tradicional da nosa festa gastronómica, e por outra quixemos celebrar a volta á normalidade cunha programación especialmente dirixida a quen peor o pasou na pandemia, as persoas maiores, os máis vulnerables fronte á COVID-19 e a xuventude, que se viu privada do ocio na etapa que máis apetece saír así que en Trabada volvemos á normalidade con moita música. Anotade as datas nas vosas axendas e vide con ganas de bailar e disfrutar”.