Mercado

12/05/2020

O Concello de Cervo retoma este xoves o mercado semanal de San Ciprián, autorizando tan só polo momento, e dada a situación excepcional, a instalación dos postos de produtos agroalimentarios, cumprindo as medidas de seguridade e distanciamento establecidas. 

Tal e como explican, de xeito provisional, habilitarase unha entrada e unha saída pola Avenida da Mariña para que as persoas usuarias poidan acceder aos postos de xeito controlado.

Na entrada, o Concello facilitará solución hidroalcohólica de uso obrigatorio e recomenda ás persoas usuarias a permanecer no mercado o tempo estritamente necesario para realizar as compras e sempre mantendo a distancia de seguridade de dous metros.

 

Etiquetas:
12/05/2020

Membros do equipo de goberno reuníronse este mediodía coa Acia local para tratar sobre as axudas que o Concello vai destinar aos hostaleiros, aos comerciantes e aos autónomos. Ademais o alcalde, Alfredo Llano, anunciou que o mercado semanal volverá este venres, aínda que está por decidir cal será a súa nova localización.

Alfredo Llano contou que “hoxe estivemos falando con respecto ás axudas que lles queremos dar ás empresas dunha forma directa, estivemos amosándolles o que é o borrador das bases e leváronas para analizar por se teñen algunha suxestión e para que todo o mundo que poida e queira, teña a oportunidade de solicitar a axuda que vai dar o Concello. Van ser para hostaleiros, para comerciantes e para autónomos, e son unhas bases que consideramos xustas, equitativas e fáciles de aportar para que poidan solicitar esas axudas, xa...

leer más
Etiquetas:
12/05/2020

O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercadiño dos mércores se reanudará este 13 de maio, unicamente na súa sección de produtos agroalimentarios, prevendo a inclusión pouco a pouco do resto de artigos. A novidade é que se trasladará ao aparcadoiro municipal, debido á imposibilidade de celebrarse no sitio habitual dadas as limitacións de espazo e considerando esta nova localización como a mellor posible pola súa centralidade. O mercado de produtos da horta dos sábados seguirá celebrándose nas inmediacións da praza de abastos. Vendedores e clientes deberán cumprir coas medidas sanitarias recomendadas.

O rexedor confirmou que “vimos de publicar un Bando onde indicamos que desde o Concello de Ribadeo imos reabrir o mercadiño dos mércores e tamén o mercado da horta dos sábados. Hai que ter en conta que Ribadeo e a provincia de Lugo...

leer más
Etiquetas:
11/05/2020

O mercado semanal de Foz retómase mañá, martes, pero só para produtos de alimentación e cunha separación entre postos adecuada ás circunstancias actuais.

O alcalde focense, Fran Cajoto, anuncia que “este martes retómase de novo o mercado semanal en Foz, pero de momento exclusivamente para produtos de alimentación e cunha separación física adecuada. Haberá 5 metros de separación entre os postos e rúas de dez metros de ancho, para garantir a separación entre todos os compradores. Hai que recordar que só se pode atender a un cliente por quenda e non se poden manipular eses alimentos. Ademais dispoñeremos unha caseta de madeira á entrada para dispensar xel a todas aquelas persoas que pasen por alí e que se queiran hixienizar. Todo para intentar garantir sempre esas medidas sanitarias porque aínda está o Covid-19 entre nós e temos que ser...

leer más
Etiquetas:
10/02/2020

O sábado, 15 de febreiro, a sala de exposicións do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, acollerá un "Mercado con Amore", organizado por Serea Surfboards, Enigma, Pasiños na Lúa e Marmeladas A Morena -establecementos todos eles implantados nos locais do Centro de Emprendemento acondicionado polo Concello de Cervo-.

Vanse instalar unha trintena de postos de artesanía, do sector alimentario, de confección, do sector téxtil..., que se poderán visitar en horario de 10:00 a 20:00 horas. Ademais haberá sorteos e diferentes talleres.

 

Etiquetas:
12/12/2019

Esta fin de semana, os días 14 e 15 de decembro, celébrase en Burela o X Mercado de Nadal, que organizan unha ducia de asociacións da localidade coa colaboración do Concello. O obxectivo é recadar fondos para estes colectivos. Haberá postos de libros, antigüidades, etc… O concelleiro de Cultura, José Díaz, fai unha chamada á solidariedade.

O edil anuncia que “este fin de semana temos o rastrillo solidario do Nadal, que é a décima edición. Participan varias asociacións de Burela que poñen produtos na praza de abastos, de todo tipo de cousas, obxectos, libros, antigüidades, roupa, un pouco de todo, e todas as ventas son en beneficio de cada unha das asociacións”.

José Díaz sinalou que “sempre está moi concorrido este mercadiño, esperemos que este ano tamén. Queremos agradecerlles ás asociacións a súa participación,...

leer más
Etiquetas:
11/12/2019

Este sábado, día 14 de decembro, celebrarase o I Mercado de Nadal de Sargadelos que terá lugar na sala de exposicións do Complexo Artístico Histórico.

Instalaranse un total de dez postos con artigos de artesanía, roupa, alimentación, cosmética natural e cadros, entre outros produtos. Ademais haberá actuacións musicais durante toda a xornada. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 20:00 horas.

Estarán presentes as firmas: Sopa de Nuez, La Chapera, Muchachica, Mónica Justo, Asociación A Mariña, Sereasurf, Enigma, A Morena, Xogando coas Nubes e Rocío.

O evento está organizado por Serea Surfboards, Enigma e A Morena coa colaboración do Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
29/11/2019

O XVI Mercado do Nadal terá lugar do 5 ao 8 de decembro no parque de San Francisco, en Ribadeo. O evento foi presentado hoxe polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. Como novidade haberá un recuncho Arte_San, que será unha illa gastronómica con sabores da zona, na que ademais haberá charlas e tamén degustacións. Na tradicional cita haberá produtos ecolóxicos e artesanía, actuacións musicais e obradoiros para os máis pequenos e pequenas.O edil ribadense agarda que o Mercado do Nadal traia moita xente a Ribadeo e que encha as rúas de ledicia. 

Vizoso explicou que “o próximo xoves, 5 de decembro, ás 17 horas da tarde abre as súas portas a XVI edición do Mercado do Nadal, unha cita xa ineludible en Ribadeo, onde a luz, a cor e o mercado tradicional son a súas sinais de identidade. O alumeado de Nadal e as 28 casetas de madeira...

leer más
Etiquetas:
29/08/2019

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Mercado dos Domingos de Ribadeo quere continuar apostando pola alimentación saudable, sostible e polo produto de proximidade  e nesta ocasión quere dedicarlle un día ao tomate. Ese produto do que existen moitas expresións coma Toma Tomate ou Aquí hai tomate e  que deixa constancia da enorme popularidade deste produto, base culinaria de moitas das nosas receitas e que no verán está no seu máximo esplendor”. 

O edil ribadense contou que “o 1 de setembro o Mercado dos Domingos acollerá a celebración de Toma Tomate, na que ademais da venda directa dos produtores e produtoras que cada domingo acoden ao mercado haberá diversidade de actividades nas que o tomate será o protagonista. Así desde primeira hora poderemos gozar cunha mostra das diferentes variedades do tomate. ás 11:...

leer más
Etiquetas:
16/08/2019

Mañá e o domingo, días 17 e 18 de agosto, preto de  30 establecementos asociados a ACISA Ribadeo sacarán á rúa os seus produtos nunha nova edición do Mercado de Rúa, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos en colaboración coa Xunta de Galicia e co Concello de Ribadeo.

Un ano máis ACISA programa esta actividade de dinamización comercial co obxectivo de facer mais accesibles os produtos aos clientes.

Dende a xerencia da asociación, Jesús Pérez, explicou hai uns días que “dende ACISA cremos que esta cita é moi interesante para os nosos asociados e tamén para os seus clientes. Con ela pretendemos facer un comercio mais preto de ti, facendo que na propia rúa poidas ver os produtos sen necesidade de entrar nas tendas”.

E engadía: “este ano ven con novidades...

leer más