Burela
O Auditorio Municipal de Burela acollerá o sábado 25 de abril ás 18.00 horas o espectáculo familiar A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, unha proposta escénica da compañía A Xanela do Maxín dirixida a público infantil e familiar, recomendada a partir de 2 anos.
O Concello de Burela explica que esta obra “presenta a historia dunha toupiña que, tras sufrir un inesperado incidente ao saír do seu tobo, decide iniciar unha peculiar investigación pola granxa para descubrir cal dos animais foi o causante. No seu percorrido atoparase con diferentes personaxes, nunha sucesión de situacións cheas de humor e sorpresa. Cun ton divertido, o espectáculo conecta co público máis novo e tamén co adulto, ao tempo que introduce valores como o respecto polos animais, a curiosidade e a importancia de reflexionar sobre si...
leer másO Concello de Burela pon en marcha un curso de batucada, que dará comezo o vindeiro venres, 6 de febreiro, e desenvolverase ata o mes de xuño. As sesións, con carácter semanal, terán lugar os venres de 18:00 a 19:30 horas, na Praza de Abastos.
A actividade, con prazas limitadas, está dirixida a persoas maiores de 12 anos empadroadas no concello e non é preciso contar con experiencia previa. As persoas participantes poderán traer o seu propio instrumento.
A formación estará impartida por Carlos Méndez, da Batucada CadaBatú, e inclúe a posibilidade de participar en desfiles durante o Entroido e as Festas Patronais, sempre que se cumpran os requisitos de asistencia establecidos.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinalou que “queremos ofrecer actividades atractivas e dinámicas que...
leer másO Concello de Burela anuncia que xa están á venda as entradas para BIEN, o espectáculo de humor de David Puerto, que se representará na Casa da Cultura de Burela o sábado 9 de maio de 2026 ás 20:00 horas.
“A cita enmárcase na programación cultural municipal e chega coa vontade de ofrecer ao público unha proposta de comedia en directo, fresca e participativa, para gozar dunha noite de risas na vila”, explica o Concello de Burela, que engade: “esta iniciativa responde á aposta do equipo de goberno por unha programación cultural estable, diversa e de calidade, que achegue a Burela espectáculos actuais e atractivos, ao tempo que dinamiza a vida cultural e social do municipio e contribúe a facer da Casa da Cultura un espazo de encontro para todos os públicos”.
As entradas poden adquirirse a través da...
leer másA asociación Esperanza Loita Contra o Cancro organiza un concerto benéfico na Casa da Cultura de Burela para o día 7 de febreiro, sábado, ás 20:00 horas.
“En Esperanza xa temos listo o próximo evento co que conmemoraremos o día mundial da loita contra o cáncer. O III concerto benéfico Esperanza xa está en marcha. Por iso desde aquí invitámoste a vivir unha noite máxica onde cada acorde será un abrazo e cada entrada unha oportunidade de vida. Non é só música, é a nosa forma de dicirlles aos que loitan que non están sos. Unamos todas as nosas voces para que a esperanza soe máis forte que nunca. Ven compartir unha noite diferente e inesquecible por unha causa que nos toca a tod@s. Todo o recadado irá destinado a proxectos de investigación para seguir loitando contra o cáncer. E recorda: se non podes asistir podedes colaborar mediante unha...
leer másO Concello de Burela anuncia a celebración do Entroido 2026, que se desenvolverá do 13 ao 18 de febreiro, cunha programación na que destaca o desfile de Entroido, previsto para o domingo 15 de febreiro a partir das 17:00 horas, con saída desde a Rúa do Ril e chegada á Praza da Mariña.
O desfile contará con 4.000 euros en premios e vales de ACIA Burela, repartidos en oito categorías, e incluirá tamén música DJ e chocolatada na Praza da Mariña unha vez remate o percorrido. No apartado de premios establécense categorías infantís para participación individual, en parella e en grupo, así como categorías de adultos nas mesmas modalidades. Ademais inclúense premios especiais para carrozas e para charangas e comparsas.
A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou á participación e á celebración nas rúas,...
leer másOrganizado polo Grupo de Neofalantes da Mariña, ás 5 da tarde deste venres, día 23 de xaneiro, celébrase en Burela un paseo literario dedicado á obra de Antía Yáñez.
“O encontro entre a escritora e un público que se familiarizará co noso idioma a través das súas obras está previsto para as cinco da tarde na área recreativa do Cantiño. Inmediatamente despois o grupo subirá ao Monte Castelo, desde onde observará os diferentes lugares recollidos na ambientación do libro titulado O misterio do torque de Burela”, anuncia o Grupo de Neofalantes da Mariña, que ademais lembra que “a escola de neofalantes da Mariña reúnese virtualmente os luns, mércores e venres; e os domingos mantén unha sesión presencial en Lourenzá”.
O GALP A Mariña Ortegal organiza unhas xornadas formativas para presentar a convocatoria de axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2021-2027. En Burela terá lugar o 27 de xaneiro e en Viveiro será o 30 de xaneiro.
“Unha vez publicada xa a nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal, e co obxectivo de mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos, vanse a desenvolver tres xornadas informativas de carácter aberto. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha unhas xornadas informativas sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño,...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o día 30 de marzo, ás 17:00 horas, o musical Las Guerreras K-Pop, un tributo de Pares o Nones Producciones aos grupos máis coñecidos deste xénero musical.
O Concello de Burela anuncia que “o espectáculo presenta unha historia na que a fama agocha unha guerra sobrenatural polo destino do HofMund. As protagonistas, coñecidas como Cazadoras, empregan os seus talentos musicais como escudo místico, a través de coreografías e harmonías, para protexer ao público dunha invasión demoníaca. Cada canción convértese nunha batalla escénica, nun enfrontamento de bandas onde a música é a principal arma”.
As entradas teñen un prezo desde 24,20 euros e poden adquirirse a través da plataforma Ataquilla.
O Concello de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, fai públicos os nomes das persoas gañadoras do Concurso de Postais e do Certame de Poesía Infantil Nadal 2025, dúas iniciativas culturais organizadas con motivo das festas do Nadal e dirixidas á infancia e á mocidade do municipio. A entrega de premios de ambos certames terá lugar o mércores 28 de xaneiro ás 19:00 horas na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela.
No Concurso de Postais Nadal 2025 o xurado recoñeceu, na categoría de Educación Infantil, os traballos de Erea Fontenla Suárez, do CEIP Vista Alegre, que obtivo o primeiro premio; Mara Blanco Ramos, do CEIP Cervo, segundo premio; e Icia Arranz Varela, do CEIP Vista Alegre, terceiro premio. Na categoría de 1º e 2º de Primaria resultaron premiadas Naia Fontenla Suárez, do CEIP Vista Alegre, co...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta das Aceas, no municipio lucense de Sarria, este domingo, día 18 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 15 de xaneiro.












