Burela

Etiquetas:
09/11/2023

O Concello de Burela celebrará un mercado de nadal os días 2 e 3 de decembro, para o cal xa abriu o prazo de inscrición de postos. O mercado terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.

Todas aquelas asociacións, entidades, artesáns ou comerciantes que o desexen poden anotarse ata o día 26 de novembro, xa sexa presencialmente no punto de información da Casa do Concello ou por correo electrónico no enderezo cultura@burela.org

A concelleira de Cultura e Comercio de Proximidade de Burela, Lina Gómez Pardo, anima a todas as persoas interesadas a “facer parte do mercado para continuar impulsando o comercio local da vila nunha época tan sinalada como é a do nadal”.

 

Etiquetas:
08/11/2023

A Casa da Cultura burelense acolle unha exposición de castelos tenebrosos realizados polo alumnado e as familias do CEIP Vista Alegre de Burela.

Esta mostra está na sala de exposicións da planta baixa ata o 15 de novembro e pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

 

Etiquetas:
07/11/2023

O Concello de Burela deu comezo aos traballos de instalación da iluminación de nadal, que se estenderá ao longo de máis de trinta rúas e prazas da localidade. 

O alumeado das luces terá lugar o vindeiro día 6 de decembro, mércores, e estas permanecerán acendidas durante un mes, ata o 6 de xaneiro, Día de Reis. O acto de acendido incluirá ademais unha actuación musical. 

A alcaldesa de Burela, Carmela López, destaca “a colaboración constante co comercio local que temos dende o Concello, dada a importancia que as luces de nadal teñen para o sector e para a veciñanza en xeral”. 

Pola súa banda, Patricia Eijo, concelleira de Economía e Facenda e de Festas e Festexos, destacou “as novidades na iluminación artística e decoración que haberá este ano”.  

Ademais, as...

leer más
Etiquetas:
06/11/2023

El auditorio de la Casa da Cultura de Burela acoge el espectáculo “Coco, el musical” este viernes, 10 de noviembre, a las 19:30 horas.

Los organizadores explican que es “el auténtico y original, con más de 500.000 espectadores hasta la fecha en los principales teatros y auditorios del país. De la prestigiosa Compañía de Teatro Musical y bajo la dirección de Pedro Pomares (La Bella y la Bestia, Los Miserables...) nos deleitarán con uno de los grandes musicales de los últimos años, con todas las voces en directo, en un apasionante espectáculo que emocionará sin duda a todos los espectadores”.

Está incluido en la programación cultural del Concello de Burela y las entradas pueden comprarse a través de la web lagranentrada.com.

 

Etiquetas:
02/11/2023

A Casa da Cultura do Concello de Burela albergará mañá, venres 3 de novembro, unha charla informativa sobre enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas impartida polodoutor John Guzmán, reumatólogo do Hospital Público da Mariña.

Guzmán será introducido por José León, xefe de proxectos sociosanitarios, que realizará unha breve presentación do movemento asociativoneste ámbitoe dos perigos das supostas medicacións milagrosas que se poden atopar pola rede.

O acto comezaráás 19:00 e a entrada será de balde, non sendo necesario realizar ningún tipo de inscrición previa. Está organizado pola Liga Reumatolóxica Galega, en colaboración co Concello de Burela e a Deputación de Lugo entre outras entidades.

O doutor Guzmán realizará nasúa intervención un repaso sobre a incidencia das enfermidades...

leer más
Etiquetas:
31/10/2023

Burela celebrará a oitava edición da Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro, sábado, na Praza da Mariña. Está organizada polo Concello de Burela a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia e Os Asadores.

As actividades empezarán ás 12:00 horas con cantos de taberna; de 17:00 a 19:00 horas haberá obradoiros de regueifa e baile, ademais de xogos populares para nenos. O reparto de castañas e bolos preñados con auga ou viño empezará ás 18:30 horas, a foliada será desde as 19:00 e ás 21 horas empezarán os concertos de Grileiras, Pan.Sen.Fron, Os Carecos e Medio Quinhon.

Etiquetas:
29/10/2023

O Mago Teto presenta o seu espectáculo titulado Rock ‘n’ Magic, que inclúe música en directo a cargo de Mister Cool e Fer Risco, na Casa de Cultura de Burela o sábado 4 de novembro ás 19:00 horas.

Esta actividade, incluída na programación cultural do Concello de Burela, é un show para público familiar e o prezo da entrada é de 3 euros.

 

Etiquetas:
26/10/2023

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, participará o 5 de novembro nunha ruta organizada pola A.C. Amigos do Patrimonio de Castroverde. Trátase dun percorrido de 10 quilómetros, de dificultade baixa. O prezo para os socios é de 15 euros e para os non socios de 20 euros (inclúe autobús + seguro).  A comida será por libre, é de feira en Castroverde. Desde Pasada das Cabras sinalan que “os que queiran poden comer o pulpo, tamén hai restaurantes ou que cada un leve a súa comida”.

A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela. Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou nos teléfonos: 982 580 504 – 657 82 11 94 (con whatsapp) antes do vindeiro 2 de novembro. 

Etiquetas:
26/10/2023

Os doutores Ángel Carracedo, Investigador e coordinador da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica e Luis Carlos Álvarez, Psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, serán os dous poñentes que protagonizarán o encontro que terá lugar mañá, venres, desde as 9:30 horas no salón de actos do Hospital Público da Mariña en Burela. 
 
A importancia da saúde mental en persoas con discapacidade intelectual abordarase este venres no Hospital da Costa de Burela, da man dos prestixiosos doutores Ángel Carracedo, investigador e coordinador da Fundación Pública Galega de Mediciña Xenómica e Luis Carlos Álvarez, Psicólogo clínico do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Este encontro está co-organizado pola entidade viveirense de ASPANANE en colaboración coa Federación...

leer más
Etiquetas:
25/10/2023

Burela acollerá o vindeiro martes, 31 de outubro, unha Noite das Ánimas para celebrar o Samaín, organizada pola ACM Arume.

O evento terá lugar na praza de Abastos de Burela a partir das 17:00. Haberá actividades para todos os públicas, e dende a organización animan á veciñanza a acudir ás mesmas cos disfraces temáticos propios da ocasión.

Haberá un obradoiro para preparar cabazas, para o cal será necesario que cada participante traia a súa de casa. Estas cabazas serán empregadas no posterior “Desfile das Ánimas”.

Tamén haberá contacontos, chocolatada, e o “Canto da Sinistra Compaña”. Todas as actividades son de balde, debendo estar a cativada menor de 6 anos acompañada sempredunhapersoa adulta.

O Concello colabora un ano máisna realización desta actividade...

leer más