Burela

07/04/2025

A exposición Xeración Líder está instalada na Praza do Concello de Burela e poderá visitarse ata o día 22 de abril.

O Concello de Burela anuncia que é “un percorrido visual por 1.000 publicacións de Líder, o suplemento da Voz de Galicia que leva case 20 anos recollendo a paixón polo deporte base lucense. Poderás visitala durante os vindeiros 15 días e descubrir as portadas máis icónicas, reivindicativas e emotivas do fútbol e baloncesto base da provincia. Non perdas esta homenaxe ao esforzo e ilusión de toda unha xeración”.

06/04/2025

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta de Loiba a Espasante, en Ortigueira, o sábado 12 de abril. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 11 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 10 de abril.

04/04/2025

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este venres, 4 de abril, na presentación de Maraxes da Osa, un ciclo de concertos organizado por Fanto Fantini coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Burela.

Marilia Monzón, Mercedes Cañas, Yarea e Caamaño&Ameixeiras completan o cartel deste primeiro ciclo de concertos, que se celebrarán os meses de abril, maio e xuño no auditorio de Burela.

Daniel García augurou “éxito a esta nova iniciativa que ten o aval do traballo de Fanto Fantini co Osa do Mar e que segue ampliando a axenda da música en vivo en Burela e na Mariña" .

O acto contou coa participación de Carmela López, alcaldesa de Burela; Mario Pillado, tenente de alcaldesa; Lina Gómez, concelleira de Cultura, e membros da Fundación Eu Son, que colaboran na actividade de Fanto...

leer más
04/04/2025

A Sociedade Cultural Ledicia convoca concurso de carteis co gallo da celebración da XXXIX Feira do Bonito, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto na zona portuaria de Burela.

A presidenta de Ledicia, Rocío Rivera Seara, explica que o colectivo “prepara varias actuacións para esta primavera e abre tamén o capítulo do verán, convocando o concurso de carteis para a XXXIX Feira do Bonito. Nesta ocasión adiantamos un pouco a convocatoria, coa intención de poder mellorar os prazos de traballo”.

Nas bases explícase: “convócase o concurso en dúas categorías, concursantes até 14 anos (incluídos) e concursantes maiores de 14 anos; poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría...

leer más
01/04/2025

A Casa da Xuventude de Burela converterase nun espazo de creatividade musical os vindeiros 15 e 16 de abril cun Obradoiro de Produción Musical dirixido a mozos e mozas de 15 a 30 anos. A actividade, organizada pola Área de Mocidade do Concello de Burela, desenvolverase de forma gratuíta en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O obradoiro estará impartido por Nuno Pico, coñecido artisticamente como Grande Amore, quen traballará coa mocidade para dar forma a un tema musical inspirado nos textos creados durante os Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez.

“Nos Obradoiros de Escrita Creativa con Antía Yáñez saíu un texto no que os rapaces e as rapazas se expresaron acerca da nosa vila e agora Nuno Pico de Grande Amore recolle esa mensaxe e vai traballar nesas letras coa nosa mocidade para producir un tema que poida...

leer más
31/03/2025

A asociación comarcal Camiña organiza a Primeira Andaina Solidaria Camiñando Xuntos este domingo, día 6 de abril, en Burela. A saída será ás 11:00 horas desde a Praza do Concello e o percorrido irá ata a praia de Ril, ida e volta.

O prezo da inscrición é de 5 euros (destinados á Camiña) e pode facerse previamente en...

leer más
Etiquetas:
30/03/2025

A compañía Teatro do Noroeste representará a obra titulada Gloria Nacional en Burela o día 4 de abril, venres.

Está incluída dentro da programación cultural do Concello de Burela, que anuncia: “Teatro do Noroeste trae a historia dun escultor en crise creativa, reflexionando sobre arte, identidade e política. Un espectáculo cheo de humor e crítica social, interpretado polas actrices Luma Gómez e Manuela Varela e o actor Miguel Pernas”.

Esta representación, para público adulto, será na Casa da Cultura de Burela e o prezo das entradas é de 5 euros.

Etiquetas:
28/03/2025

O Concello de Burela anuncia que durante a Semana Santa, os días 17 e 18 de abril, celebraranse bautizos de surf gratuítos na praia da Marosa, dentro do proxecto Ondas Limpas, financiado pola UE a través do FEMPA e xestionado polo GALP A Mariña - Ortegal. “Unha oportunidade para iniciarse no surf e concienciarse sobre o coidado do noso mar”, destacan.

As inscricións presenciais poderán facerse os días 1, 2 e 3 de abril na oficina de GAIA, que está Praza de Abastos de Burela.

Etiquetas:
28/03/2025

A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, ten organizado para este domingo, día 30 de marzo, ás seis da tarde un festival infantil de baile e música tradicional, que se desenvolverá no auditorio da Casa da Cultura, aberto ao público e sen custe para as persoas asistentes.

Participarán grupos destes colectivos: Asociación Cultural Amado Lar, de Ferreira do Valadouro; Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá; e Sociedade Cultural Ledicia,de Burela.

A entidade organizadora explica que “este festival é o resultado do traballo de todo o outono inverno; e así como a natureza florece en primavera nós queremos aproveitar o momento e disfrutar do entusiasmo das novas xeracións que fan que mereza a pena cumprir 50 anos e máis, pois este futuro que xa é presente dá sentido a todo o noso pasado. Convidamos á veciñanza...

leer más
Etiquetas:
25/03/2025

O pasado domingo a Merluza D& Burela foi protagonista na xornada inaugural do Galicia Fórum Gastronómico 2025, o maior evento gastronómico profesional do norte de España, que celebrou na Coruña do 23 ao 25 de marzo a súa décima edición inspirada en "Un Océano de Cociñas", facendo honra á rica diversidade culinaria que emana das profundidades do mar e esténdese polos recunchos de Galicia e o mundo.

A OPP Burela promocionouse dentro do programa de "Experiencias de Calidade Galicia Sabe A_Mar" da Consellería do Mar da Xunta de Galicia. O chef Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués (Rianxo, A Coruña) preparou diferentes receitas elaboradas con pescada do pincho de Burela en maridaxe con viños da DO Ribeiro: “Taco de Merluza D& Burela rebozado en tempura negra de tinta de lura, salsa kinchi e lima”; e...

leer más