Burela
As festas patronais de Burela celebraranse desde o día 23 de maio ata o 3 de xuño.
Os organizadores anuncian: “as Patronais de Burela 2025 xa están en marcha! Este ano a Asociación de Hostelería de Burela levará a organización das festas, contando coa colaboración de todas as entidades que veñen participando dende hai anos: ACIA, Arume, Dambara, Ledicia, Encaixeiras, Burela Floral, Coral, Representante de porteadores, ademais do Concello de Burela e a Cofradía de Pescadores. As festas son de todos e todas, así que se algunha entidades ou persoa quere colaborar, pode poñerse en contacto con nós”.
O conxunto feminino do Burela FS volveuse a enfrontar ao Ence Marín Futsal tres días despois do partido de liga da xornada 22, nesta ocasión, no encontro da semifinal da XVIII Copa de Galicia, celebrada ás 21.00h da tarde de onte no pavillón municipal A Raña de Marín. Tras sufrir tres baixas de última hora, Dinha, Caridad e Cami, sumándose ás baixas xa previstas (Carolina Pedreira e Irene Samper), o conxunto mariñán dominou o encontro non dando tregua ás locais e indo ao descanso cun 1-3 nunha primeira parte na que o Marín perde máis que gaña xogando de cinco durante os segundos 10 minutos. Segunda parte con moita posesión do balón para o Burela aínda que menos goles.
Arrinca cun xogo máis igualado e manténdose o marcador durante os primeiros 10 minutos. Téntao o conxunto de More con xogo de 5 para catro, con Miriam de porteira-xogadora,...
leer másO Concello de Burela organiza dous obradoiros de solo pelviano que se desenvolverán este venres, día 7 de marzo, e o luns 10, na Praza de Abastos.
“Se es muller e queres coidar da túa saúde pelviana este obradoiro é para ti. Lara Bello, fisioterapeuta especializada en pelviperineoloxía, acompañarate nunha sesión teórico práctica para coñecer e traballar esta parte tan importante do corpo. As datas a elixir son o venres 7 de 10:00 a 12:30 horas ou o luns 10 de 17:00 a 19:30 horas”, anuncia o Concello de Burela.
As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse previamente na Casa do Concello.
Teatro dos Ghazafelhos presentará na Casa de Cultura de Burela a obra titulada As pitas baixo a choiva. Será o día 8 de marzo, sábado, ás 18:00 horas.
É o peza teatral para público familiar de Pepablo Patinho baseada nun relato de Ricardo Carvalho Calero.
O prezo da entrada é de 3 euros.
O Concello de Burela conmemorará o 8M, Día da Muller, con diferentes actividades que comezarán o día 7 de marzo, venres.
Ese día terá lugar ás 13:00 horas na praza do Concello a lectura do manifesto institucional por esta data. Tamén será a proxección do filme galego ‘O Corno’ ás 20:30 na Casa da Cultura.
Así mesmo, o 7 de marzo comezarán os obradoiros “Solo pelviano” na Praza de Abastos de 10:00 a 12:30. A cita repetirase o 10 de marzo de 17:00 a 19:30. En ambos casos o taller estará impartido pola fisioterapeuta especialista en pelviperineoloxía Lara Bello.
Ao día seguinte, o 11 de marzo, será o obradoiro “Coñece a túa peri/menopausia” de 18:00 a 20:00 no salón de conferencias. Impartirá María González Cociña, directora do centro M.
Ambos talleres serán de...
leer másO Concello de Burela organiza este venres, día 28 de febreiro, ás 19:00 horas no Salón de Plenos a presentación do artigo De Carmiña a Dona Carme. É unha peza elaborada pola cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, para a revista galega do ensino Eduga. O texto recolle a traxectoria de Dona Carme Iravedra Otero, figura clave no desenvolvemento educativo e social de Burela no século XX.
No acto estarán presentes a alcaldesa de Burela, Carmela López; o concelleiro de Educación e tenente de alcaldesa, Mario Pillado; a autora do artigo, Herminia Pernas Oroza; a filla da homenaxeada, Águeda Barcia Iravedra, Juan A. Granados Loureda, inspector de educación e director da revista Eduga, e Rira Gradaille Pernas, Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Este evento...
leer másO IES Monte Castelo de Burela acolle ata o 13 de marzo a exposición Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo "para dar a coñecer ao público máis novo a ampla oferta musical no noso idioma".
O deputado de Mocidade, Daniel García, e o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado, participaron na inauguración da mostra na que o comisario e crítico musical Pepe Cunha repasou co alumnado os contidos dos paneis, un percorrido pola música en galego desde os anos sesenta ata a fornada actual. Na presentación subliñouse a traxectoria de artistas da comarca da Mariña, como a focense Ugía Pedreira, que se achegou ata a presentación, ou de Nuno Pico, que foi alumno do centro.
Daniel García valorou a exposición como “unha mostra de que o galego non ten límites, de que en galego se fai música de moitísima...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Burela organiza un concurso de disfraces o día 1 de marzo, sábado e repartirá 600 euros en premios: un premio de 300 euros para grupos, un premio de 200 euros para parellas e un premio de 100 para a categoría individual, todos eles en vales de compra de ACIA Burela.
Para participar hai que subir fotos a Facebook ou Instagram disfrazados ceando, tomando algo, bailando, etcétera nalgún dos 14 locais hostaleiros que forman parte desta iniciativa. Ademais a organización explica: “etiquetade a ACIA Burela en Instagram, Facebook ou ambas (non valen historias), selade a tarxeta en 7 dos 14 locais participantes durante o sábado 1 de marzo, con calquera tipo de consumición (un café, unha comida, un viño, cea...). Os premios daranse o domingo despois do desfile na carpa. Os gañadores...
leer másO Concello de Burela abre o prazo de inscrición para dous cursos presenciais gratuítos destinados a mellorar as competencias dixitais da cidadanía, que se desenvolverán desde o 17 ata o 21 de marzo
Estes cursos, que contan con certificación, están deseñados para axudar ás persoas a familiarizarse co uso de internet e as novas tecnoloxías de forma segura e eficiente. A formación terá lugar na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e estará dividida en dúas modalidades segundo a franxa de idade dos participantes.
O primeiro curso, denominado Trámites Electrónicos, está dirixido a persoas de entre 18 e 60 anos e desenvolverase do 17 ao 21 de marzo en horario de 16:00 a 18:00 horas. Os asistentes poderán adquirir coñecementos sobre administración electrónica, banca dixital, videoconferencias e redes...
leer másO Concello de Burela convoca a décima edición do Concurso contra a Discriminación Racial. “A partir do 21 de febreiro e ata o 21 de marzo, poderás presentar os teus traballos en diferentes formatos: debuxos, pinturas, vídeos, lemas ou textos, sempre transmitindo un mensaxe clara contra a discriminación racial. Hai tres categorías: nenos e nenas de 6 a 12 anos; adolescentes de 13 a 17 anos; e persoas de 18 anos en diante. Anímate a participar e a compartir o teu mensaxe por un mundo sen discriminación!”, anuncia o Concello.
Os traballos poden presentarse no Concello de Burela ou por correo electrónico, na dirección integracioninmigrantes@burela.org.












