Burela

Etiquetas:
24/01/2024

O Concello de Burela participa este ano en Fitur para promocionar os atractivos da vila como destino turístico de natureza e para as familias.

A alcaldesa de Burela, Carmela Lopez, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, participarán en varias actividades e manterán reunións cos touroperadores presentes en Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo.

“Desde a pandemia, cada vez hai un maior interese polos destinos como Burela, onde ofrecemos natureza, gastronomía e desconexión para toda a familia”, asegura Carmela López.

Ademais, Burela participará nas actividades previstas en Fitur pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, como a presentación do seu novo vídeo promocional, ‘A Mariña, Galicia de corazón’.

“É moi satisfactorio ver o interese...

leer más
Etiquetas:
17/01/2024

A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará un novo obradoiro do ciclo “Ciencia á feira” este venres, 19 de xaneiro. Versará sobre a xestión sustentable da auga e comezará ás 11:30 horas.

As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e no propio mercado de Burela repartirase material didáctico sobre o tema.

O ciclo “Ciencia á feira” está dirixido tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral e ten como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade. 

Etiquetas:
15/01/2024

O auditorio municipal de Burela acollerá unha gala musical solidaria contra o cancro o día 27 de xaneiro, sábado, ás sete da tarde. Está organizada pola asociación Esperanza e o grupo musical Acordeonistas da Mariña, que actuará no evento xunto a Acordeóns Terras do Miño, Begoña López, Lino Rico e Diavolinos.

A recadación será doada para a investigación do cancro. O prezo da  entrada é de 5 euros e inclúe un número para o sorteo dunha cesta de peixe valorada en 250 euros. Pódense adquirir anticipadamente na tenda Cinza, de Burela, e os mércores no local da asociación Esperanza ou na taquilla do auditorio o día da gala.

 

Etiquetas:
13/01/2024

A primeira andaina “Burela en marcha contra o cancro” celebrarase o domingo 4 de febreiro a partir das 11:00 horas, dende a Praza da Mariña ata a praia da Marosa, ida e volta. Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo coa colaboración do Concello de Burela.

A inscrición con camiseta ten un custe de 10 euros e pode facerse a través do link https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/marcha-burela ou de forma presencial: de luns a venres de 9:00 a 11:00 horas na sede da asociación organizadora en Burela, que está en Praza da Mariña, 13, 2º planta, local 32.

“Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao teléfono 658.872.196...

leer más
Etiquetas:
11/01/2024

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta da Carballeira, en Sobrado dos Monxes, este sábado, 13 de xaneiro. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado e explica que é unha “ruta circular y sencilla por la carballeira de Sobrado dos Monxes, donde se rodaron escenas de la película El Bosque Animado”.

 

Etiquetas:
10/01/2024

O Concello de Burela adhírese á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa dentro do Plan Estratéxico de Saúde Nacional. 

O próximo 19 de xaneiro ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, haberá un acto de presentación do proxecto á cidadanía que terá unha duración aproximada dunha hora.

Trátase dunha iniciativa do Ministerio de Sanidade cuxa finalidade é promocionar a saúde, a realización de actividade física, manter unha alimentación adecuada e previr enfermidades entre outros, co obxectivo de gañar anos de vida para a poboación e desenvolver estilos de vida máis saudables. 

“A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia...

leer más
Etiquetas:
09/01/2024

A Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza unha forte campaña de rebaixas ata o vindeiro 8 de marzo para promocionar os grandes descontos dos establecementos de proximidade do municipio. Nesta actividade participarán 27 negocios que poñerán diversos artigos a prezos irresistibles.

Unha vez máis, a entidade empresarial quere premiar as compras no comercio local, durante o tradicional período de rebaixas, xa que con cada compra realizada entre o 8 de xaneiro e o 8 de marzo a clientela poderá conseguir vales de 10 euros en combustible para canxear en Estación de Servizos Vista Alegre.

Ademais, esta iniciativa terá un final espectacular, dado que os días 1 e 2 de marzo chegan os “Fóra Stocks” nos que determinados produtos terán grandes descontos. Un xeito de incentivar aos clientes e tamén de...

leer más
Etiquetas:
08/01/2024

A Concellería de Cultura do Concello de Burela, a través da Biblioteca Municipal, fai públicos os premiados dos certames de postais e poesía infantil do Nadal. A entrega dos premios será na sala de arte da Casa da Cultura o vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas. 

Nos premios de poesía, en categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio é para Teo Domínguez García, de 7 anos e do CEIP Vista Alegre; o segundo para José María García Fra, de 8 anos e do CEIP Vista Alegre, e o terceiro para Leo Fraga Río, de 7 anos (CEIP Vista Alegre). Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Lucas Ballesteros Pedre, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre; Jimena Domínguez García foi segunda (11 anos e do CEIP Vista Alegre), e o terceiro premio foi para Jorge Melo Reigosa, de 11 anos e do CEIP Vista Alegre. Todos os traballos participarán na fase provincial do certame...

leer más
Etiquetas:
07/01/2024

Touriñán e Perdomo chegarán á Casa da Cultura, de Burela, o 3 de febreiro en dobre función: ás 20:00 horas e ás 20:30 horas. As entradas xa están á venda en corentena.gal 

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de Corentena, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En Corentena os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se...

leer más
Etiquetas:
04/01/2024

O Concello de Burela recibe mañá venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias. 

A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.

“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.

No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o...

leer más