Burela
Con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama o Concello de Burela convida a toda a veciñanza a participar no lazo humano solidario organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en colaboración co Concello. Será o luns 19 de outubro ás 11:00 horas na Praza do Concello.
O Concello de Burela explica que é “un xesto colectivo para compartir un momento de solidariedade e apoio a todas as persoas que viven de preto esta realidade. Porque acompañar, estar e sumar tamén importa”.
O Concello de Burela celebrará do 19 ao 23 de outubro a II Semana da Infancia e Adolescencia, unha iniciativa impulsada polas áreas de Educación e Mocidade “para conmemorar os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes, dar visibilidade ao recoñecemento de Burela como Cidade Amiga da Infancia e continuar traballando na renovación desta distinción”.
“A proposta dá continuidade á iniciativa posta en marcha en 2025 na Mesa Técnica da Infancia, que promove a celebración dunha semana ao ano dedicada aos dereitos da infancia e da adolescencia. A programación inclúe obradoiros e actividades arredor do bo trato, a igualdade, a saúde, a diversidade e o xogo, ademais de formacións e encontros dirixidos a diferentes públicos”, anuncia o Concello de Burela, que agradece “a implicación do persoal municipal de distintas áreas, en especial a Noelia Legazpi...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta na Costa de Dexo, no municipio coruñés de Oleiros, este sábado, día 17 de outubro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8,1 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 15 de outubro.
Burela acolle este xoves, 15 de outubro, a estrea do documental “Palestina, una tragedia permanente”
O Foro Social da Mariña organiza a proxección do documental titulado Palestina, una tragedia permanente, do cineasta e escritor Javier Díez Moro. A proxección terá lugar este xoves, 15 de outubro, ás 19:30 horas no auditorio da Casa de Cultura de Burela.
“O documental narra a traxedia do pobo palestino ao longo da historia, afondando especialmente no período que vai de outubro de 2023 aos nosos días, período que compre analizar con perspectiva histórica e en relación co auxe dos totalitarismos e a ultradereita no mundo”, explica o Foro Social da Mariña, que engade: “na produción utilizáronse imaxes tomadas polas xentes de Gaza e tamén de arquivo. Hai entrevistas e declaracións de expertos e especialistas como Jeffrey Sachs, Gideon Levy, Ilan Pappé, Oler Cassif, Daniella Weis, Noam Chomsky e Francesca Albanese”.
... leer másA asociación Arraianas, en colaboración co Concello de Burela, inicia o xoves 15 de outubro o Espazo Zero, “unha actividade de prevención da soidade non desexada e do suicidio dirixida a adolescentes. A proposta ofrece un espazo seguro onde as rapazas e os rapaces poden falar, compartir e pasar tempo xuntas e xuntos nun ambiente no que se sintan cómodas e cómodos”.
O Concello de Burela explica tamén que o Espazo Zero “enmárcase no programa Candea, de prevención da soidade non desexada e do suicidio en persoas maiores de 65 e menores de 18 anos e de apoio a familias e achegados e achegadas de persoas falecidas. A iniciativa conta co apoio da Consellería de Sanidade e do Ministerio de Sanidade do Goberno de España”.
O tenente de alcaldesa e responsable da área de Xuventude, Mario Pillado, destacou que “o Espazo Zero...
leer másA área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación promove a difusión do documental Prisciliano e a Gallaecia achegando a súa exhibición a diferentes concellos da provincia. Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser Álvarez, director do documental, Diego Piay, historiador, Victorino Pérez, experto en Prisciliano, e Xabier Correa Corredoira, membro do equipo artístico. O venres 13 de novembro proxectarase en Barreiros e o domingo 15, en Burela.
A deputada de Cultura, Iria Castro, destacou a relevancia deste documental, “o primeiro que se realiza sobre a súa vida”, que axuda á recuperación da figura do bispo, pois “non se ten divulgado o suficiente sobre a súa importancia histórica, xa normalizada en círculos académicos, pero non se achegou este coñecemento á poboación”
A Vicepresidencia da Deputación...
leer másEste venres, día 9 de outubro, ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela estrearase a comedia da compañía teatral lucense Tarabela Creativa titulada O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger.
En coprodución co Concello de Burela, a obra, escrita por Carmen Conde, quen tamén estará no elenco xunto a Xosé Manuel Esperante e Fran Lareu, conta coa dirección de Avelino González.
Tarabela Creativa explica que “a trama xira arredor da figura do pai da autora, especialista en pegadas dactilares da Xudicial dende os anos oitenta, destinado en Burela durante máis dunha década. Máis tamén fala de toda unha investigación dunha serie de delitos que poñen enriba da mesa unha cuestión: calquera persoa, chegado o momento, pode ser delincuente. A compañía cumprirá tres semanas de ensaios en Burela ata a estrea, contando...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá obradoiros de monicreques de calcetín o día 10 de outubro, sábado, de 12:00 a 13:00 horas.
O Concello de Burela anuncia: “aínda podes inscribirte á actividade Monicreques de calcetín, con Tin o calcetín e Tina a calcetina, da man de Galitoon Muppets. Unha actividade divertida e creativa para deixar voar a imaxinación e pasar unha mañá ben entretida”.
As inscricións están abertas ata o xoves 8 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de Burela de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
A Confraría de Pescadores de Burela propón descubrir a historia e a vida do porto a través dunha nova experiencia de turismo mariñeiro o día 5 de outubro, luns. Anúnciao o GALP A Mariña-Ortegal, que explica: “Diana Durán García guiará unha visita pola confraría para coñecer as embarcacións, a actividade pesqueira e os murais que representan a historia e as xentes de Burela. O GALP A Mariña-Ortegal incorpora ao proxecto Mar e Rías: Pesca & Turismo unha nova experiencia para coñecer de preto a realidade dun dos portos pesqueiros da Mariña lucense e a historia da súa confraría. A experiencia terá lugar o luns 5 de outubro, ás 12:00 horas, con punto de encontro no porto pesqueiro de Burela. A visita permitirá coñecer o funcionamento da Confraría de Pescadores San Juan Bautista, de Burela, os diferentes tipos de embarcacións e a actividade que se desenvolve...
leer másO Concello de Burela anuncia que o día 4 de outubro, domingo, chega a primeira edición do Trail Monte Castelo, organizado por Move-t, con dúas modalidades “para gozar do noso monte: Trail de 14 quilómetros e 900 metros de desnivel positivo e andaina de 10 quilómetros e 350 metros de desnivel positivo”.
“Acompañamos a Móvete para dar a coñecer esta nova cita deportiva e contribuímos a impulsala con apoio económico e coa colaboración de persoal municipal”, explica o Concello de Burela, que engade: “as inscricións pechan o 1 de outubro”.












