Trípode

28/12/2025

O grupo Trípode Teatro estreará a obra titulada Desequilibrados, escrita por Pepe Peinó, o día 3 de xaneiro, sábado, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro.

“Os de Trípode levamos varios meses traballando intensamente na nosa nova obra, titulada Desequilibrados. Por fin, o vindeiro 3 de xaneiro de 2026, co novo ano xa andando, estrearémola en Ferreira do Valadouro, ás 20,00 horas. Antes de nada, debemos mostrar o noso sincero agradecemento ao concello do Valadouro e á súa área de Cultura por todas as axudas e facilidades que nos deron para levar adiante os ensaios e, finalmente, a estrea; a Juan Novás, técnico de cultura do Valadouro, polo seu xeneroso traballo, que nos beneficia a todos; a Suso Rubio, tamén técnico de cultura do Valadouro, por regalarnos a súa creatividade en forma deste cartel,...

leer más
Etiquetas:
11/12/2025

Este venres, día 12 de decembro, o grupo humorístico Trípode representará en Burela a obra titulada A presa. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura con entrada de balde.

“Estaremos en Burela, despois dun tempo sen acudir. Convidados polo Concello e dentro dos Circuítos de Teatro Afeccionado da Deputación Provincial de Lugo, representaremos a nosa última obra, A presa, que fala diso, dunha presa, pero tamén dunha forma de vivir e de entender a vida”, anuncia o grupo Trípode.

Etiquetas:
27/03/2025

O grupo humorístico Trípode representará a obra teatral titulada A presa en Bravos (Ourol) este domingo, día 30 de marzo. Será ás 18:30 horas no Local Social, con “taquilla inversa”.

É unha actividade organizada polo grupo de teatro da Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos, que con esta representación pecha o seu ciclo de teatro deste mes de marzo.

07/01/2025

O Grupo Humorístico Trípode representará a súa obra titulada A presa en Celeiro de Mariñaos, parroquia do concello de Barreiros, o día 18 de xaneiro, sábado.

Trípode Teatro anuncia: “convidados pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, visitaremos esta fermosa parroquia o vindeiro sábado 18 do presente mes de xaneiro para representar a nosa última obra, A presa. Será polas 20:00 horas no antiga escola da parroquia. Alí estaremos unha vez máis Melisa e Pitágoras, Pepita e Formigón, Amancio e Balbina, Greta e Bonifacio e a francesa Françoise, xunto coa nosa técnica de son Rocío. Pasaremos unha fermosa tarde de teatro en compañía de amigos. Unha boa maneira de pasalo ben xuntos. Grazas á Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos por convidarnos”.

Etiquetas:
02/01/2025

O grupo humorístico Trípode representará a obra titulada A Presa en Ribadeo este sábado, día 4 de xaneiro. Será ás 19:00 horas no centro de ensino Pedro Murias, na parroquia ribadense de Vilaframil.

Trípode anuncia: “volvemos aos escenarios outro sábado máis. Desta volta, convidados polo Concello de Ribadeo, estaremos no colexio Pedro Murias, de Vilaframil, o día 4 de xaneiro polas 19:00 horas. Outra volta a pelexar pola nosa aldea, pola nosa contorna natural, pola nosa vida. Outra vez a discutir sobre o eterno dilema da tradición e a modernidade, outra vez a facer teatro e a divertirnos. Agardamos por vós, para pasar un agradable rato xuntos”.