Burela

Etiquetas:
16/04/2026

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur. Por unha banda desenvolverase un curso de preparación para a proba CCSE do Instituto Cervantes, cunha duración de 40 horas. Por outra, ofértase un curso de español para persoas estranxeiras, cun total de 80 horas de formación.

Anunciouno o Concello de Burela, que explica: “a inscrición permanece aberta sen data límite establecida e as datas de inicio dos cursos programaranse unha vez se complete o grupo de persoas participantes”.

As persoas interesadas inscribirse a través do número de teléfono 982.580.609 ou de maneira presencial no Concello de Burela.

Segundo explicou o tenente de alcaldesa en Burela, Mario Pillado, estas iniciativas “buscan facilitar o acceso á formación e favorecer os...

leer más
12/04/2026

Alumnado do Conservatorio Superior de Música da Coruña ofrecerá concertos nos que interpretarán o Réquiem de Fauré en Burela e Mondoñedo o día 16 de abril, xoves. O primeiro será ás 18:00 horas e o segundo ás 20:30. Como solistas actuarán a soprano Ana Manteiga e o barítono Antonio Facal e o director será Fernando L. Briones

O Concello de Burela anunciou que o xoves 16 ás 18:00 horas a igrexa parroquial de Santa María será o escenario da actuación da orquestra e coro do Conservatorio Superior de Música da Coruña, nunha colaboración coa Escola Municipal de Música de Burela. A entrada é libre ata completar capacidade.

E a Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, explicou: “o vindeiro xoves, 16 de abril, ás 20:30 horas na catedral de Mondoñedo, teremos o gusto de asistir ao concerto que ofrecerá alumnado...

leer más
12/04/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta do Castro de Doade, no municipio de Lalín (Pontevedra), o día 18 de abril, sábado. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 07:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade media baixa, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 16 de abril.

Etiquetas:
10/04/2026

O Concello de Burela acolleu a última reunión de coordinación do exercicio marítimo MARSEC, “un operativo de gran envergadura” organizado pola Armada a través do Mando de Acción Marítima en Ferrol (MARFER), que terá lugar o sábado 18 de abril no porto e nos seus accesos.

Na reunión participaron representantes de todos os organismos implicados no dispositivo, entre eles a propia Armada, Capitanía Marítima de Burela, Gardacostas de Galicia, Dirección Adxunta de Vixilancia Aduaneira, Instituto Social da Mariña, Portos de Galicia, a Confraría de Pescadores de Burela e os servizos de emerxencias municipais, “co obxectivo de pechar a planificación técnica e garantir a coordinación de todos os medios”.

O Concello de Burela tamén anuncia que “o exercicio simulará unha emerxencia marítima complexa nas proximidades da...

leer más
Etiquetas:
10/04/2026

Baixo o lema Alimentos do Mar, alimentos de Vida, o proxecto Pesca Saúde instalará puntos de información móbiles en Burela e Viveiro “para amosar o beneficios dos produtos do mar na saúde e coñecer as súas propiedades nutricionais, e ofrecer degustacións de produtos do mar elaborados por profesionais da restauración nunha foodbike. Nestes espazos repartiranse ademais guías de propiedades nutricionais e hábitos de alimentación saudables, e vales desconto para consumir nos establecementos adheridos á campaña”, anuncia o GALP A Mariña-Ortegal. Os eventos celebraranse no exterior dos centros de saúde, en horario de 11 a 13 horas o martes 14 en Burela e o mércores 15 en Viveiro. Estas actividades completaranse cunhas xornadas técnicas no mes de maio na Casa do Concello de Burela, nas que profesionais sanitarias expoñerán os beneficios do consumo de...

leer más
10/04/2026

O Concello de Burela anuncia que abrirá o luns 13 de abril o prazo de inscrición para participar no Día da 3ª Xuventude, “unha das citas máis especiais do calendario social do municipio, dirixida a recoñecer e celebrar o papel das persoas maiores na construción da vila”. A xornada terá lugar o venres 1 de maio no pavillón dos Institutos a partir das 14:30 horas, cun programa “pensado para fomentar a convivencia, o reencontro e o goce colectivo”. O evento contará con prazas limitadas, polo que será necesario formalizar previamente a inscrición.

As persoas interesadas poderán anotarse en horario de 10:00 a 14:00 horas. Para participar será preciso estar empadroado no Concello de Burela e cumprir cos requisitos de idade: ter 65 anos cumpridos ou ben 60 anos sendo pensionista do sistema da Seguridade Social ou xubilado do mar. Ademais,...

leer más
08/04/2026

O salón de plenos do Concello de Burela acolleu este mércores a presentación da obra teatral titulada O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, unha coprodución entre Tarabela Creativa e o propio Concello que se estreará o día 9 de outubro en Burela. No acto participaron representantes do Concello e da compañía, que deron a coñecer a nova proposta escénica que mestura humor, memoria e identidade e que mantén unha estreita vinculación con Burela.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, explicou que "é unha satisfacción poder presentar un proxecto como este, no que levamos tempo traballando con Tarabela Creativa, unha compañía que xa coñece ben Burela”. Sinalou que nesta ocasión decidiron dar “un paso máis” apostando por unha coprodución dunha obra “moi especial e moi ligada á vila polo seu protagonista e pola historia que conta...

leer más
07/04/2026

Esta semana, desde o mércores 8 ata o venres 10 de abril, os comedores de centros escolares, de maiores e de inclusión da Mariña Lucense celebrarán o Día do Peixe dentro do proxecto Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable, que promove a Fundación Expomar co financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.

A través desta iniciativa, a Fundación Expomar “quere fomentar o consumo de peixe nestes centros, proporcionando o produto pesqueiro aos seus servizos de cociña para que fagan diferentes elaboracións nos seus menús de mércores a venres desta semana. Unha auténtica Semana do Peixe coa que se espera ter un impacto directo en preto de 1.200 persoas da contorna”.

Nesta acción divulgativa e gastronómica participan...

leer más
07/04/2026

Este sábado, día 11 de abril, a Casa da Cultura de Burela acollerá a I Gala Solidaria a favor da Síndrome de Tourette.

O Concello de Burela anuncia: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, gozaremos dunha noite de música, sorteos e sorpresas para todas as idades organizada pola Asociación Tourette Galicia en colaboración co Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA. Non se realizará venda física de entradas, que só poden adquirirse online a través da seguinte ligazón:...

leer más
06/04/2026

A Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, día 10 de abril, ás 21:00 horas a representación da obra teatral Testosterona, protagonizada por Camila Bossa e Luis Iglesia.

O Concello de Burela anuncia que é “unha proposta escénica que mestura comedia e reflexión arredor dun tema de plena actualidade como é a desigualdade laboral por cuestión de sexo. A obra de Sabina Berman, dirixida por Xoque Carbajal, parte dunha situación sinxela pero cargada de significado. O director dun importante medio de comunicación debe decidir quen ocupará o seu posto entre dúas persoas candidatas, un home e unha muller. A partir deste punto, o espectáculo afonda en cuestións como a capacidade profesional, a experiencia, o talento ou os prexuízos, poñendo o foco nas dificultades ás que se enfrontan as mulleres á hora de acceder a postos de...

leer más