Ibuprofeno Teatro representará a obra 'Bio Construción' en Burela este venres, 23 de outubro

Continúa o Ciclo de Outono na Casa da Cultura de Burela coa obra para público adulto titulada Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro. Será este venres, día 23 de outubro, ás 21:00 horas.

O Concello de Burela explica que é “unha proposta dirixida e interpretada por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, con música en directo de Macarena Montesinos. Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. O que comeza como un soño cheo de ilusión convértese en trinta anos de traballo e compromiso, lonxe do mundo”.

O prezo das entradas é de 5 euros e estarán á venda no despacho de billetes a partir das 20:00 horas.