Intercambio

Etiquetas:
25/08/2026

O Concello de Burela repón as catro casiñas de intercambio de libros distribuídas pola vila con novos exemplares, co obxectivo de darlles unha nova vida, achegar a lectura aos espazos públicos e que se compartan libros de maneira libre e gratuíta entre a veciñanza.

Dende o Concello poñen en valor “a boa acollida e a conservación dos libros e do servizo, baseado no intercambio, na confianza e no coidado do espazo público” e explican que “algúns dos novos exemplares estaban en dependencias do Concello e outros proceden da Biblioteca Municipal. Agora pasarán a estar nas rúas, ao alcance da cidadanía, para comezar a viaxar de man en man por Burela e atopar novas lectoras e lectores.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira de Cultura, Lina Gómez, participaron estes días na selección e reposición de libros...

leer más
Etiquetas:
14/04/2022

O Grupo de Participación Xuvenil propón a iniciativa “Colle unha historia e deixa outra” dende o próximo luns 18 de abril.

O Concello de Viveiro informa que na derradeira reunión do Grupo de Participación Xuvenil comezou a artellarse a iniciativa de intercambio de libros “Colle unha historia e deixa outra”, con vistas á celebración do día do libro o próximo 23 de abril. A proposta está impulsada pola concellería de Benestar Social en colaboración coa concellería de Cultura. 

Deste modo, o Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro deixará unhas caixas decoradas por eles mesmos con libros en diversos puntos da vila dende o próximo luns, 18 de abril. 

“O obxectivo da iniciativa é que a xente descubra libros e lea xéneros que non está acostumada a ler”, sinala a concelleira de Benestar Social...

leer más