Navega

Etiquetas:
15/07/2019

Este mércores, día 17, chegará a Burela a IV Travesía Navega el Camino. Máis de 30 embarcacións atracarán no porto cunhas 140 persoas a bordo, que están a facer o Camiño de Santiago por mar. A expedición saíu o pasado día 5 de xullo de La Rochelle, en Francia, e chegará a Compostela o 27 deste mes. 

Os participantes na Travesía desenvolverán diversas actividades na comarca, que están financiadas polo GALP A Mariña-Ortegal. O día 17 terá lugar un Showcooking ás nove da noite na praza de abastos de Burela, a carón do porto. O bonito será o protagonista desta cita, co que se elaborarán varias preparacións. 

O xoves, 18 de xullo, os navegantes levarán a cabo visitas guiadas ao mirador do Monte Castelo e á fábrica de cerámica de Sargadelos e á súa contorna. Iso será pola mañá e pola tarde achegaranse ata a nave de...

leer más