A Pontenova

Etiquetas:
22/05/2023

O sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.

As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.

Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.

Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.

Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.

 

Etiquetas:
03/04/2023

A Pontenova acollerá o 15 de abril, sábado, a sétima edición da ruta ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova.

A saída será ás 10:00 horas dende a área recreativa do Pozo da Ola e haberá comida no hotel restaurante San Briz. A música correrá a cargo de Pedro BRMUDZ.

 

Etiquetas:
23/03/2023

A asociación cultural Lume Escénico celebra o seu décimo aniversario cun ciclo de teatro na Pontenova do 26 de marzo ao 22 de abril

A primeira representación será este domingo, 26 de marzo, ás 19:00 horas e correrá a cargo de Ollomao, de Barreiros, que representará O documento.

O 1 de abril, sábado, ás 20:00 horas Achádego, de Lugo, escenificará a obra Nadal na casa dos Lamelo.

A seguinte representación do ciclo será o sábado 15 de abril ás 20:30 horas. Trípode, de Alfoz, ofrecerá a obra O Muro.

E para rematar o 22 de abril, sábado, ás 20:30 horas Lume Escénico, de A Pontenova, representará Albergue Casa Marelo.

Este ciclo está organizado pola asociación cultural Lume Escénico coa colaboración do Concello de A Pontenova.

 

20/02/2023

A Asociación As Minas e o Concello da Pontenova organizan a II Carreira de Montaña As Minas o vindeiro 12 de marzo de 2023.

A proba deportiva consta de media maratón, 10 quilómetros e andaina. Para participar será necesaria a previa inscrición, que ten un prezo de 15 euros para a media maratón, 8 para os 10 quilómetros e a andaina será gratuíta. O prazo de inscrición rematará o 8 de marzo.

Todas as persoas que desexan obter máis información poden dirixirse á web carreiras galegas. A proba transcorrerá pola zona das antigas minas.

Haberá trofeo aos tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos da carreira de 21km e 10km, ao vencedor de cada categoría masculina e feminina da distancia de 21km, e unha medalla ao 2º e 3º clasificado de cada categoría masculina e feminina no...

leer más
Etiquetas:
04/02/2023

Neipín, no concello de A Pontenova, celebrará as súas festas na honra de Santa Apolonia o sábado 11 de febreiro.

Haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación sesión vermú amenizada polo trío La Noche, que tamén actuará na festa e verbena xunto ao DJ Alejandro Martínez.

O campo da festa estará cuberto.

29/01/2023

A ACD As Minas organiza o desfile de Entroido na Pontenova, que terá lugar o 18 de febreiro no Local das Sociedades. A asociación conta coa colaboración do Concello da Pontenova. Ás once da noite dará comezo o baile, á unha e media da madrugada será o desfile de concurso e para as tres está prevista a entrega de premios. A velada estará amenizada por Puzzle Animación. 

Para os grupos establécense tres premios. Primeiro premio: 350 euros; segundo premio: 150 euros e terceiro premio: 100 euros. O primeiro premio das parellas estará dotado con 100 euros e o segundo con 60 euros. E na categoría individual haberá un primeiro premio de 60 euros e un segundo de 30 euros. As bases poden consultarse nas redes sociais da ACD As Minas. 

Desde as oito da tarde desenvolverase unha ruta de tapas polos bares do pobo: Puente,...

leer más
Etiquetas:
24/01/2023

A compañía Trécola Producións representará esta semana en Viveiro e A Pontenova a obra para público familiar “The Piccole Theatre”, dentro da programación cultural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A compañía estará o xoves no Salón de Actos do Porto de Celeiro (15.30 horas), coa colaboración da Asociación Cultural Proa, e o sábado na Pontenova (Casa da Cultura), da man da Asociación Eco das  Minas.

Sinopse da obra
Un pequeno teatro viaxa ao redor do mundo dentro dunha caixa de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como non.. dous grandes pallasos: Tontón e Totó Gluk. A maxia dos fíos destas marionetas learán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista, participando activamente durante todo o...

leer más
Etiquetas:
10/01/2023

O club de fútbol Sporting Pontenova organiza unha cea baile para o 20 de xaneiro, venres, ás 22:30 horas no Local das Sociedades. A festa será amenizada polo dúo Estrellas e a cea serviraa O Lar de Balbina. Haberá sesión vermú antes de cear, a partir das 21:30 horas.

O menú para adultos ten un prezo de 23 euros e inclúe empanada, lacón, fabada, tenreira guisada, bebida, sobremesa e café. E o menú infantil, que custa 15 euros, está composto por tortilla, pizza, táboa de embutidos, tenreira guisada, bebida e sobremesa.

Os tickets para participar poden recollerse en O Lar de Balbina ou solicitalos a membros da directiva do club ata o mércores 18.

Para a organización deste evento o Sporting Pontenova conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.

 

Etiquetas:
06/01/2023

A música inundará o auditorio municipal da Pontenova este sábado, 7 de xaneiro. Será a partir das oito da tarde.

Co Playback A Pontenova porá fin á programación de Nadal que se veu desenvolvendo nas últimas semanas, organizada polo Concello.

02/01/2023

Na visita que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente teñen prevista ao concello da Pontenova, anuncian, que van a comezar o seu percorrido probando a tirolina das Minas.

A cita será do 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas coa primeira parada na tirolina das Minas, cando remate esta “pequena aventura” continuaran ata a Praza dos Fornos onde percorrerán as rúas do concello, e onde esta prevista a súa chegada arredor das 18:00 horas. Despois trasladaranse a Casa da Cultura para repartir agasallos e caramelos a tódolos nenos e nenas que vaian visitalos.