A Pontenova

25/12/2021

O Concello de A Pontenova organiza un campamento de Nadal para nenas e nenos de 3 a 14 anos do 27 ao 31 de decembro en horario de 10 da mañá a dúas da tarde. O prezo para os empadroados é de 30 euros e para os non empadroados de 50 euros.

Ademais haberá outras actividades para todos os públicos como o teatro que tivo lugar o pasado 19 de decembro; a cabalgata de reis prevista para o 5 de xaneiro ás 17:30 horas e o Playback que se celebrará o día 8 ás 20:00 horas.

30/11/2021

A XIV edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da A Pontenova celébrase do 4 ao 6 de decembro en horario de 11:00 a 14:00  e de 16:00 a 21:00 horas.

Haberá demostracións de forxa de ferro, tear triangular, cestería, torno de madeira, coiro, xoias e lámpadas de cabaza. Tamén terá lugar a V Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos e unha mostra de cerámica popular antiga de Mondoñedo, Terra Chá e Gundivós.

 

Etiquetas:
29/11/2021

 A ACD As Minas organiza la décimo cuarta edición do Festival das Minas, en A Pontenova, que se celebrará o 11 de decembro.

O programa de festexos dará comezo ás once da mañá coa apertura e visita da Mina consuelo para espeleólogos federados. O número de prazas é limitado.

Ás 21:00 horas haberá unha churrascada popular ao prezo de 16 euros. As prazas son limitadas. A xornada rematará coas actuacións musicais, a partir das once de noite, de La Movida, Eco das Minas e DJ Local. Aplicaranse as medias covid e os aforos serán limitados.

Colaboran na organización deste evento: Concello de A Pontenova e Deputación de Lugo.

Etiquetas:
27/10/2021

O Concello da Pontenova organiza unha andaina con magosto para o día 6 de novembro, sábado.

O programa de actividades ábrese ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde ás 10:00 horas comezará a andaina, que se fará por unha ruta que ten unha distancia de 9,1 quilómetros. Ao remate, que está previsto para as 13:30 horas, recollerase ao sendeiristas en autobuses para trasladalos á Praza dos Fornos onde a partir das 14:00 horas haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo é de 5 euros por participante e a data límite para inscribirse é o 2 de novembro.

 

Etiquetas:
20/10/2021

A cuarta andaina deste outono de A Mariña en Ruta discorrerá por A Pontenova o vindeiro sábado, 23 de outubro. 

Para este roteiro aínda queda algunha praza libre, segundo a Mancomunidade de Concellos de A Mariña. Os participantes, a través da Ruta dos Fornos, serán testemuñas da relevancia da minería na Pontenova, que debuxa desde antigo a paisaxe desta terra. As instalacións e estruturas das minas integráronse co paso do tempo no entorno natural do río Eo e son percorridas por esta e por outras 6 rutas que abranguen unha parte importante do municipio. A ruta, que ten unha lonxitude de 5 quilómetros e unha duración de dúas horas, permitiralles aos asistentes achegarse ata os Fornos de Vilaoudriz e de Boulloso, a entrada de Mina Consuelo e o Aula de Pesca da Pontenova. 

O pasado sábado, 16 de outubro, o programa de...

leer más
02/10/2021

Los días 9, 10 y 11 de octubre A Pontenova celebrará sus fiestas con actuaciones musicales y la rememoración de la tradicional Queima dos Fornos.

El sábado 9 habrá sesión vermú de las 14:00 a las 15:30 horas. A las 21:30 horas se celebrará la verbena con Blanco y Negro y OcaBand. A las 23:30 horas tendrá lugar la tirada de fuegos, un acto simbólico en reconocimiento a la tradicional Queima dos Fornos.

El domingo 10 actuará la Banda de Meira de 13:00 a 13:45 horas y de 15:00 a 15:45 h. Además habrá sesión vermú desde las 14:00 a las 15:30 horas. También actuará París de Noia en la verbena a partir de las 21:30 horas y Blanco y Negro.

El lunes 11 se celebrará sesión vermú de 14:00 a 15:30 horas y verbena, a partir de las 21:30 horas, con Satélites y Blanco y Negro.

 

Etiquetas:
29/09/2021

A Pontenova acollerá un obradoiro de pesca en río para nen@s de todas as idades. Será impartido polo campión do mundo de pesca David Arcay.

Será este sábado, día 2 de outubro, de 11:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30 horas. O prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves, 30 de setembro, e os interesados deben contactar con Javier Méndez no teléfono 699.41.93.22  

 

Etiquetas:
29/09/2021

O Concello de A Pontenova convoca o concurso de fotografía “Os recunchos máis fermosos e descoñecidos de A Pontenova”, do que sairán elixidas por votación popular as 12 fotografías que comporán o calendario de A Pontenova do ano 2022.

Nas bases do certame explícase que “a temática das fotos que se presenten a este concurso deberá versar sobre eses recunchos do concello de A Pontenova que persoalmente nos parecen os máis fermosos do mundo pero que, ao mesmo tempo, son descoñecidos para a gran maioría dos veciños e veciñas deste concello. A finalidade principal desta iniciativa é a de dar valor e visibilidade aos numerosos recunchos, paisaxes, árbores, fervenzas, construcións tradicionais, etcétera que son singulares, posúen unha indubidable beleza estética e que podemos atopar ao longo de cada unha das 11 parroquias que conforman este...

leer más
Etiquetas:
02/09/2021

A asociación musical A Chocolateira (Eco das minas) organiza diversas actividades para o 4 de setembro, sábado, na Praza dos Fornos, da Pontenova, desde as 19:00 horas.

Os actos comezarán cun pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional A Chocolateira. Ás 20:00 horas haberá unha demostración e obradoiro de billarda con Troitas Bravas. Para media hora despois está programada a actividade Teatro Kamishibai de contos en galegos escritos e ilustrados por Rocío F. Paz. E rematará a xornada cun concerto de Comando Curuxás, que empezará ás 21:30 horas.

 

Etiquetas:
31/08/2021

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou que o Concello pon en marcha un concurso de fotografía “co fin de que se resalten ese espazos da nosa vila que nos parecen os máis fermosos pero que, ao mesmo tempo, son descoñecidos para a gran maioría dos veciños e veciñas deste concello”. O prazo para presentar as imaxes é ata o 15 de outubro, e as gañadoras sairán publicadas no calendario da Pontenova do ano 2022.

Campos Conde explica que a “finalidade principal desta iniciativa é a de dar valor e visibilidade aos numerosos recunchos, paisaxes, árbores, fervenzas, construcións tradicionais, ... que son singulares, posúen unha indubidábel beleza estética e que podemos atopar ao longo de cada unha das 11 parroquias que conforman este concello. Por iso dende aquí queremos convidar a todos e todas a participar neste concurso, xa que é...

leer más