A Pontenova celebra a súa XIV Feira de Artesanía e Antigüidades do 4 ao 6 de decembro.

A XIV edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da A Pontenova celébrase do 4 ao 6 de decembro en horario de 11:00 a 14:00  e de 16:00 a 21:00 horas.

Haberá demostracións de forxa de ferro, tear triangular, cestería, torno de madeira, coiro, xoias e lámpadas de cabaza. Tamén terá lugar a V Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos e unha mostra de cerámica popular antiga de Mondoñedo, Terra Chá e Gundivós.