A Pontenova

03/12/2019

A feira pontenovesa, que reunirá máis de 60 expositores do 6 ao 8 de decembro, inaugura así un proxecto co que se quere visibilizar o traballo realizado nos últimos anos no Obradoiro de Instrumentos Musicais do Centrad para construír réplicas dos instrumentos das esculturas ciceladas nos pórticos de igrexas como as de San Xoán de Portomarín e Santo Estevo de Ribas de Sil.

O Deputado de Artesanía explicou que “presentamos por primeira vez fora do Centrad  O Son do Tempo, da Pedra a Madeira, unha mostra de instrumentos musicais reconstruídos a partir dun estudo minucioso das esculturas en pedra que se conservan nos numerosos monumentos históricos  da nosa provincia”.

A exposición que comezará así un percorrido por concellos de toda a Provincia. A colección é resultado dun traballo de investigación e formación que se...

leer más
25/11/2019

A deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade, Mónica Freire, asinou coa Asociación Cultural e Deportiva das Minas, un convenio de colaboración con valor de 7.500 euros para a organización da XIII Edición do Festival as Minas da Pontenova, que se celebrará o vindeiro 14 de decembro na Praza dos Fornos da Pontenova.

Nesta ocasión o programa inclúe por primeira vez unha baixada a Mina Consuelo, exclusiva para espeleólogos federados, que porá en valor o patrimonio e tradición mineira do Concello mariñao, un dos principais obxectivos cos que naceu este Festival.

“Este ano temos un dos mellores carteis do festival, grazas ao apoio económico da Deputación e o Concello, pois contaremos cunha das primeiras paradas da nova xira dos Heredeiros da Crus, que polo de agora ten confirmados concertos en Madrid, Barcelona, Santiago...

leer más
Etiquetas:
29/09/2019

A Pontenova celebra as súas festas dos días 11 ao 14 de outubro. O venres 11 haberá verbena coas orquestras Arizona e Suavecito.

O sábado 12 terá lugar unha sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Suavecito. A verbena correrá a cargo de Blanco y Negro e Panorama, e ás 0:50 horas celebrarase a XXII edición da Queima dos Fornos.

O domingo 13 haberá sesión vermú co grupo Trébol, que tamén estará na verbena xunto a Gran Casino.

E o luns 14 nova sesión vermú con Blanco y Negro.

Os festexos están organizados polo Concello de A Pontenova coa colaboración da Deputación de Lugo.

 

20/06/2019

Con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou o pasado venres, día 14, organízanse nas fins de semana de xuño unhas xornadas de portas abertas a obradoiros e recursos de distintas localidades da Mariña Lucense. Esta fin de semana é a quenda de Mondoñedo e A Pontenova. Estas accións realízanse no marco do convenio firmado coa Axencia de Turismo de Galicia.

No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos...

leer más
17/06/2019

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 29 de xuño un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de A Pontenova. Aínda que dos detalles da xornada se informará máis polo miúdo, adiántase que se contará coa inestimable colaboración de Carlos Miranda Trevín para a visita do patrimonio relixioso (Conforto e Vilameá) e do antropólogo Miguel Losada para a visita etnográfica en Vilarxubín. Nesta xornada tamén se coñecerá o patrimonio relacionado co ferro.

Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Viveiro e faría as paradas intermedias necesarias ata A Pontenova. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10:00 ata as 19:00, cunha pausa para o xantar de 14:00 a 16:00. 

Para...

leer más
27/05/2019

A Asociación Cultural Deportiva As Minas de A Pontenova organiza a segunda edición da Carreira Vía Verde do Eo que se celebrará o 8 de xuño.

A carreira, de 10 quilómetros de percorrido, dará comezo ás 17:30 horas e pasará polos municipios de San Tirso e Trabada para rematar na Praza do Fornos en A Pontenova.

Este ano renderase unha homenaxe a Manuel Valcárcel Lastra “Ventura”, veciño de A Pontenova, que aos seus 71 anos segue sendo atleta en activo e gran impulsor deste deporte en toda a comarca.

Ao remate da proba, na praza do Concello, haberá unha pinchada popular para os corredores e a actuación do grupo coruñés Os Piñeiros, que amenizará a tarde-noite coas súas versións de pop español dos 80 e 90.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web...

leer más
Etiquetas:
26/04/2019

O Presidente da Deputación, Darío Campos xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco MartínezBermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentaron a XLI edición da Festa da Troita da Pontenova que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio. Este eventoestá declarado como Festa de Interese Turístico Galego e tamén de Interese Turístico Deportivo Nacional. O Goberno da Deputación vén apoiando nos últimos anos a organización deste evento, que este ano recibiu unha achega de 5.000 €.

Darío Campos destacou que “esta celebración da Pontenova é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia. Xa conta con máis de 40 anos de tradicióne consolidouse coma un importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para a contorna da Mariña o cal redunde positivamente na provincia”.

... leer más
21/11/2018

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e o Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores a XII Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova que se celebrará do 6 ao 9 de decembro. Trátase dunha cita que debido ao interese que esperta, pois espéranse superar os 8.000 visitantes, se ampliou, engadindo un día máis de mostras. O horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.Este evento conta cunha colaboración de Deputación e Concello de 12.000 euros.  

O Presidente explicou que “esta Feira é unha das citas máis importantes para o Concello pois a grande número de persoasque participan dela, unhas 8.000, convértea nunha oportunidade de dinamización para a economía local. Ademais tamén é unha gran oportunidade de pór en valor os oficios tradicionais, que se mesturan con...

leer más
Etiquetas:
22/10/2018

O Concello de A Pontenova organiza a IV edición da Ruta de Tapas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de novembro.

Os oito establecementos participantes ofrecerán as súas tapas, ao prezo de 1 euro, en horario de 20:00 a 23:00 horas.

O 3 de novembro á unha da mañá no bar Rony sortearase un premio de 300 euros entre todas aquelas tarxetas completas co selo de cada un dos bares participantes.

Os locais de hostalería que se dan cita nesta IV edición da Ruta de Tapas de A Pontenova son: A Mina, Bar Lennon, Bar Puente, Benito´s, Casa da Cultura, O Lar de Balbina, Rony e San Briz. 

 

02/10/2018

As festas da Pontenova, na honra de San Lucas, celébranse do 12 ao 15 de outubro e contarán con sete actuacións musicais, a Queima dos Fornos e un espectáculo acrobático con vehículos.

O venres 12 haberá sesión vermú e verbena, que estará amenizada polas orquestras Los Españoles e Olympus. Ademais as sete da tarde terá lugar un espectáculo acrobático cun coche Ferrari e motos a cargo de Paulo Martinho.

Para o sábado 13 está programada sesión vermú e verbena, na que actuarán o grupo Lume e a orquestra Capitol. E de madrugada, ás 00:45 horas, celebrarase o tradicional espectáculo pirotécnico Queima dos Fornos, que chega á súa vixésimo primeira edición.

O domingo 14 haberá sesión vermú e verbena, amenizada polas orquestras Compostela e París de Noia.

E rematarán as...

leer más