Mariña Patrimonio organiza un percorrido polo patrimonio civil e relixioso de A Pontenova. Será o 29 de xuño.

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 29 de xuño un percorrido polo patrimonio civil e relixioso máis salientable do concello de A Pontenova. Aínda que dos detalles da xornada se informará máis polo miúdo, adiántase que se contará coa inestimable colaboración de Carlos Miranda Trevín para a visita do patrimonio relixioso (Conforto e Vilameá) e do antropólogo Miguel Losada para a visita etnográfica en Vilarxubín. Nesta xornada tamén se coñecerá o patrimonio relacionado co ferro.

Por outro lado, se o número de persoas interesadas en participar na visita o permite, os desprazamentos faranse en bus, que partiría de Viveiro e faría as paradas intermedias necesarias ata A Pontenova. Neste lugar dará comezo a xornada, que se desenvolverá dende as 10:00 ata as 19:00, cunha pausa para o xantar de 14:00 a 16:00. 

Para poder organizar axeitadamente esta saída, cómpre anotarse enviando un correo a mr.patrimonio@gmail.com, no que se indicará o nome, se é socio/a ou non, e as opcións do bus e do xantar. A data límite para facelo é o 20 de xuño e o venres 21 informarase ás persoas anotadas sobre o importe e o número de conta.

Máis información no blog de Mariña Patrimonio. https://mrpatrimonio.blogspot.com/2019/06/visita-de-marina-patrimonio-po...