A II Carreira Vía Verde do Eo celebrarase o 8 de xuño. O percorrido pasará por A Pontenova, San Tirso e Trabada.

A Asociación Cultural Deportiva As Minas de A Pontenova organiza a segunda edición da Carreira Vía Verde do Eo que se celebrará o 8 de xuño.

A carreira, de 10 quilómetros de percorrido, dará comezo ás 17:30 horas e pasará polos municipios de San Tirso e Trabada para rematar na Praza do Fornos en A Pontenova.

Este ano renderase unha homenaxe a Manuel Valcárcel Lastra “Ventura”, veciño de A Pontenova, que aos seus 71 anos segue sendo atleta en activo e gran impulsor deste deporte en toda a comarca.

Ao remate da proba, na praza do Concello, haberá unha pinchada popular para os corredores e a actuación do grupo coruñés Os Piñeiros, que amenizará a tarde-noite coas súas versións de pop español dos 80 e 90.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web www.carreirasgalegas.com