As festas patronais da Pontenova serán do 11 ao 14 de outubro. A Queima dos Fornos terá lugar o día 12, xornada na que acturará a orquestra Panorama.

A Pontenova celebra as súas festas dos días 11 ao 14 de outubro. O venres 11 haberá verbena coas orquestras Arizona e Suavecito.

O sábado 12 terá lugar unha sesión vermú que estará amenizada pola orquestra Suavecito. A verbena correrá a cargo de Blanco y Negro e Panorama, e ás 0:50 horas celebrarase a XXII edición da Queima dos Fornos.

O domingo 13 haberá sesión vermú co grupo Trébol, que tamén estará na verbena xunto a Gran Casino.

E o luns 14 nova sesión vermú con Blanco y Negro.

Os festexos están organizados polo Concello de A Pontenova coa colaboración da Deputación de Lugo.