Afiador

Etiquetas:
20/07/2016
Un veciño de Ribadeo, que estaba desempregado, fíxose afiador ambulante e traballa para establecementos e particulares no treito comprendido entre Viveiro e Navia (Asturias).
 
Fernando Bouso Rodríguez é natural de A Pontenova e leva máis de 20 anos vivindo en Ribadeo. Como estaba desempregado decidiu recentemente poñer un negocio baseado nun oficio tradicional, o de afiador ambulante, e traballa para establecementos e particulares da Mariña luguesa e o Occidente asturiano, concretamente na zona comprendida entre Viveiro e a localidade asturiana de Navia.
 
Fernando Bouso explica que “estaba no paro e decidín poñer en marcha este negocio porque meu sogro traballaba algo de afiador cando estaba ao fronte da tenda ribadense Casa Vicente, que agora leva a miña muller, e aínda había xente que preguntaba se seguía afiando coitelos, navallas, tesoiras, etcétera. El facíao no almacén da tenda utilizando un esmeril...
leer más