O Concello da Pontenova organiza unha andaina con magosto para o 6 de novembro.

O Concello da Pontenova organiza unha andaina con magosto para o día 6 de novembro, sábado.

O programa de actividades ábrese ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde ás 10:00 horas comezará a andaina, que se fará por unha ruta que ten unha distancia de 9,1 quilómetros. Ao remate, que está previsto para as 13:30 horas, recollerase ao sendeiristas en autobuses para trasladalos á Praza dos Fornos onde a partir das 14:00 horas haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo é de 5 euros por participante e a data límite para inscribirse é o 2 de novembro.