A Pontenova

05/12/2023

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, ten en marcha ata o 14 de xaneiro a oitava campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes para persoas necesitadas. 

Os alimentos poden entregarse nos supermercados Superti e Gadis, na Librería Droguería Eugenia e na clínica Son Saúde. A roupa e os xoguetes recóllenos no IES Enrique Muruais e no CEIP Plurilingüe A Pontenova.

O recadado será entregado ao Concello da Pontenova, á Cruz Vermella e a Cáritas para que o repartan entre as persoas que o necesitan.

 

05/11/2023

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no Pazo de San Marcos na presentación da cuarta edición das xornadas Terra de Miranda, que terá lugar os días 10 e 11 de novembro na Casa da Cultura da Pontenova. Esta iniciativa que impulsan os concellos de Meira, Riotorto, Trabada e A Pontenova, en colaboración coa Nova Escola Galega, ten como obxectivo analizar a situación do medio rural desde a óptica educativa e en concreto este ano centrarase no despoboamento e na importancia de potenciar o turismo sostible no territorio.

Este acto contou tamén coa presenza do Alcalde da Pontenova, Darío Campos, o representante de Nova Escola Galega, Paco Veiga, e o organizador das xornadas, Óscar Fernández, así como outras persoas do colectivo.

“Apoiamos estas xornadas porque na Deputación temos un...

leer más
Etiquetas:
25/10/2023

O sábado 4 novembro haberá na Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto. Esta actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.

Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos  Fornos, desde onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 2 de novembro.

 

19/10/2023

O libro dedicado ao fotógrafo e músico Edelmiro Méndez presentarase o 27 de outubro, venres, ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura da Pontenova.

A Editorial Canela explica que Edelmiro Méndez foi “fotógrafo e músico, que desenvolveu o seu oficio no concello da Pontenova durante a segunda metade do século pasado. Agradecemos as facilidades da familia, que puxo á nosa disposición os negativos cos máis de 3.000 fotogramas sobre os que traballamos para facer a selección das 219 imaxes en branco e negro, dun período comprendido entre os anos 1957 e 1964, que aparecen no libro, aos autores dos textos, revisores lingüísticos e as moitas persoas que axudaron a identificar os protagonistas e os lugares.

O libro, de gran valor antropolóxico, etnográfico, histórico e estético para toda Galicia, está publicado en...

leer más
Etiquetas:
16/10/2023

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza a décimo segunda edición do Aberto do Ferro para este domingo, 22 de outubro. A competición desenvolverase no Campo da Mina a partir das 11 da mañá.

Os organizadores do evento din: “Tentaremos ter outro récord de participación! A ver si o conseguimos. Non faltedes!”.

 

Etiquetas:
14/10/2023

A Escudería A Pontenova organiza unha cea baile que se celebrará no Local das Sociedades o 11 de novembro, sábado, a partir das 22:00 horas.

Será servida polo restaurante O Lar de Balbina e o menú incluirá empanada, callos, carrilleiras, sobremesa e café. Ademais haberá sorteos e baile, que será amenizado por DJ Bombarbero.

Os tickets para asistir están á venda ata o 8 de novembro en O Lar de Balbina e Librería Eugenia.

Os interesados poden contactar coa organización a través dos teléfonos 623.03.12.06 ou 690.07.61.36.

 

Etiquetas:
06/10/2023

No complexo deportivo municipal O Boulloso, de A Pontenova, disputarase a quinta edición do Open de Pádel As Minas do 12 ao 15 de outubro. Hai tres categorías: feminina, masculina e mixta.

Está organizado pola Asociación Cultural Deportiva As Minas e as inscricións son limitadas. O prezo é 20 euros.

Os interesados poden contactar coa organización a través do teléfono 626.817.048.

 

02/10/2023

A Praza do Concello da Pontenova acollerá actividades infantís gratuítas o 8 de outubro, domingo, de 17:00 a 21:00 horas.

Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, incluirá inchables para nenos e nenas maiores de 4 anos, tattoos con purpurina e pintacaras.

 

27/09/2023

A décimo sexta edición da Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova celebrarase do 8 ao 10 de decembro (venres, sábado e domingo). Anunciouno o Concello de A Pontenova, que fixo público o cartel.

Este evento inclúe como actividade paralela unha xuntanza de Vespas, motos e coches clásicos, que chega á súa sétima edición.

 

Etiquetas:
22/09/2023

A cuarta edición das Xornadas da Terra de Miranda, actividade que organiza o colectivo Nova Escola Galega coa colaboración da Deputación de Lugo, celebrarase na Casa da Cultura da Pontenova os días 10 e 11 de novembro de 2023, venres e sábado.

Son uns encontros de debate sobre o medio rural que nesta ocasión titúlanse ‘Bebendo do pasado marcamos o rumbo do presente’.