
Neipín, no municipio de A Pontenova, celebra as festas na honra a Santa Apolonia este sábado, día 7 de febreiro.
As actividades comezarán con misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén actuará na verbena xunto a DJ Casanova.
A comisión organizadora anuncia que o recinto da festa estará cuberto.


