A Pontenova celebra as festas de San Esteban os días 5 e 6 de xuño

A Pontenova celebrará as festas na honra a San Esteban esta fin de semana, venres 5 e sábado 6 de xuño

As actividades comezarán o venres ás 21.30 horas con churrascada popular. E desde as 23:30 horas haberá verbena amenizada pola orquestra Supertop.

E para o sábado está programado un pasacalles a cargo do grupo de gaitas A Chocolateira, misa solemne ás 13:15 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará a verbena desde as 23:30 horas.

O campo da festa estará cuberto con carpa.