
O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día do Xubilado. Os/as interesados/ en participar poden anotarse ata este venres, día 27 de marzo, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.
O encontro informativo terá lugar o venres, 27 de marzo, ás 12:00 horas na Casa do Mar, onde se xogarán as partidas dende a próxima semana, anuncia o Concello de Cervo.


