Tute
O XXIII Campionato de Tute Concello de Cervo reunirá a un centenar de xogadores. A competición comezará o vindeiro martes, 24 de outubro, e prolongarase ata o 21 de decembro.
A cita, xa máis que consolidada, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto e por Félix Fernández, persoa que colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato dende os seus inicios.
Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e asociacións do Concello que se sumaron á iniciativa; formando equipos de catro parellas.
Os establecementos escenario das partidas que se desputarán, salvo excepcións, cada martes e xoves son: Mesón A Ría, O Trasgo, O Almacén, Telvi´s Place, Atxuri, As Titas, A Cerve, Río de Oro, O Castelo e o...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar retoma a súa actividade o 7 de outubro, tras o parón do verán.
Desde este sábado e ata finais de xuño do vindeiro ano, o colectivo reabre o seu local social no horario habitual das fins de semana, os sábados a partires das 18:00 horas e os domingos desde as 17:00 h.
Entre as actividades programadas para os próximos meses, un ano máis organiza o campionato de tute que este ano celebra a súa sétima edición. O sábado, 7 de outubro, ábrese o prazo de inscrición para participar neste campionato que será a ida e volta, dará comezo o 4 de novembro e terá que ser por parellas. O prazo de inscrición para apuntarse no campionato de tute remata o día 22 de outubro.
A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o tradicional campionato de tute que terá lugar os días 8 e 9 de abril.
Trátase dunha actividade sociocultural máis ca un torneo propiamente dito xa que se desenvolverá en dúas tardes para facilitar a participación da xente en xeral en lugar de ser un maratón dos que se organizan na comarca.
O torneo comezará ás 15:30 horas do sábado ata as 21:00 horas, e retomarase a tarde do domingo coas fases finais.
A inscrición é de 30 euros por parella e pode facerse no número de teléfono 982 59 01 95.
Os premios serán para os gañadores o 60% da recadación e trofeos, para os subcampións o 30% da recadación e trofeos, e para os terceiros clasificados o 10% da recadación e trofeos. Ademais haberá trofeos para as dúas primeiras parellas...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 11 de marzo.
Están xogando, en horario de mañá e tarde, 18 parellas, 10 ao parchís e 8 ao tute.
A edil delegada de Igualdade, Pilar Armada, sinalou que “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Boa Vista, o sábado 11 de marzo. Alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”
Armada recordou que “o prazo para anotarse a esta cea está aberto ata o vindeiro día 7 de marzo e haberá agasallos sorpresa para as asistentas”.
... leer más











