En O Vicedo celébrase os días 8 e 9 de abril o tradicional campionato de tute. A inscrición está aberta.

A Casa da Cultura de O Vicedo acollerá o tradicional campionato de tute que terá lugar os días 8 e 9 de abril.

Trátase dunha actividade sociocultural máis ca un torneo propiamente dito xa que se desenvolverá en dúas tardes para facilitar a participación da xente en xeral en lugar de ser un maratón dos que se organizan na comarca.

O torneo comezará ás 15:30 horas do sábado ata as 21:00 horas, e retomarase a tarde do domingo coas fases finais.

A inscrición é de 30 euros por parella e pode facerse no número de teléfono 982 59 01 95.

Os premios serán para os gañadores o 60% da recadación e trofeos, para os subcampións o 30% da recadación e trofeos, e para os terceiros clasificados o 10% da recadación e trofeos. Ademais haberá trofeos para as dúas primeiras parellas clasificadas.