Eventos
O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas Barreiros queda en ti durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “Barreiros é un concello cun patrimonio en gran parte descoñecido. As visitas guiadas son unha das maneiras máis enriquecedoras de coñecelo e comprendelo, permitindo ademais aos participantes conectar emocionalmente co lugar.” E engade que “deste xeito non só se divulga o seu valor, senón que tamén se fomenta a súa conservación.”
O Concello de Barreiros engade que “a través de percorridos de diferentes temáticas e en diferentes localizacións os participantes terán unha oportunidade excelente para coñecer...
leer másO Departamento de Deportes e Xuventude do Concello de Xove organiza unha festa acuática na praia de Lago. Será este sábado, día 4 de xullo, a partir das 16:30 horas.
“A diversión do verán chega á Praia de Lago! Este sábado 4 de xullo agardámoste na Praia de Lago (Xove) para desfrutar dunha espectacular festa acuática pensada para toda a familia”, anuncia o Concello de Xove, que especifica que haberá “inchables acuáticos, kaiaks e xogos e actividades na praia. Moita diversión e un ambiente inmellorable! Non perdas a oportunidade de pasar unha xornada inesquecible con amigos e familia”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que os museos provinciais acollerán durante este verán “unha ampla axenda de actividades culturais, divulgativas e didácticas, unha programación pensada para seguir achegando os fondos dos museos a persoas de todas as idades e conmemorar o vinte aniversario da constitución da apertura do Pazo de Tor como Museo e da constitución da Rede Museística Provincial”. Algunhas desas actividades desenvolveranse no Museo do Mar, de San Cibrao (Cervo).
A deputada de Cultura, Iria Castro; a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago; e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, presentaron este luns, 29 de xuño, a programación, articulada baixo o epígrafe Escola, Cultura e Territorio: Verán na Rede Museística.
Iria Castro explicou que “a programación incide na apertura dos museos a ...
leer másA Irmandade do Prendemento de Viveiro será a encargada de poñer á venda a Medalla Conmemorativa do Mercado Renacentista a un prezo de 5 euros e que se poderá mercar tanto no local dos claustros de San Francisco como na oficina de turismo. Deste xeito continúase coa colección baseada na heráldica das liñaxes e escudos da época. Este ano estará dedicada á heráldica de Hevia Pumariño, que se atopa na Igrexa das Concepcionistas de Viveiro.
A Irmandade do Prendemento tamén se encargará do alugueiro de traxes de época para o Mercado Renacentista a prezos accesibles. Haberá unha ampla variedade de traxes para nenos e nenas, mulleres e homes, cos seus correspondentes complementos. Ademais renovouse e ampliouse a oferta de traxes e accesorios. O prezo dos alugueiros será de 15 euros para nenos e nenas e entre 20€ e 25 euros para persoas adultas....
leer másEste luns, 29 de xuño, foi presentada unha nova edición das rutas gratuítas guiadas por distintos puntos da xeografía do municipio de O Vicedo. Á presentación asistiron o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo Martínez, e Boris Vilar, representante da empresa Rutas Galicia Norte, que será a encargada de executar este proxecto.
O Concello de O Vicedo explica que “na presentación indicouse que estas rutas tratan de mostrar as cualidades de diferentes zonas do municipio desde o punto medioambiental, xeolóxico, histórico, etcétera; e son presentadas en formato ruta guiada, pausada e grupos pequenos, para practicar un turismo tranquilo amosando diferentes lugares especiais da contorna como a Ruta do Río Sor (ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo), a ruta pola praia de San Román e Moutillós (onde se celebra a Romaxe...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 12 de xullo, domingo, un percorrido pola Ruta de los Molinos, no municipio asturiano de Taramundi, concretamente en la parroquia de Bres. A distancia a percorrer son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 8 de xullo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso continúan impulsando novas rutas de sendeirismo, que “contan cunha moi boa acollida entre a veciñanza e visitantes”. A próxima cita será o domingo 5 de xullo, cun percorrido a pé desde Trabada ata A Cadeira seguindo o trazado do Camiño de Santiago.
É unha ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a saída será ás 09:30 horas desde a Praza do Concello. Ao remate haberá unha comida na área recreativa de A Cadeira.
As inscricións están abertas ata o 1 de xullo, cun prezo de 8 euros, podendo formalizarse no Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.13.50.11.
“Lembramos que é obrigatorio o uso de chaleco reflector. Seguimos apostando por este tipo de actividades que poñen en valor o noso patrimonio, a natureza e a convivencia”,...
leer másO Concello de Burela, a través da delegación de Deportes, desenvolverá durante os meses de xullo e agosto unha programación de actividades deportivas e de lecer dirixida á rapazada e á veciñanza en xeral.
O programa Verán Burela 2026 dará comezo o vindeiro 6 de xullo e prolongarase ata o 28 de agosto. Ao longo deste período realizaranse diferentes actividades, entre elas xogos na praia, rutas de sendeirismo, sesións de happy dance, rutas en bicicleta, actividades de iniciación ao baloncesto e ao surf.
As inscricións poderán realizarse na Casa da Xuventude entre os días 29 de xuño e 2 de xullo, cun prezo de oito euros por actividade e mes. As persoas interesadas tamén poderán consultar a información e descargar a ficha de inscrición a través da páxina web municipal ou solicitar máis información na Casa da Xuventude...
leer másO municipio de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira de Andadura, que se celebrará na pista ecuestre da Bidueira e “reunirá a numerosos afeccionados ao mundo do cabalo nunha xornada de competición, tradición e convivencia”, anuncia o Concello.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e polo concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, xunto con representantes da asociación Cabaleiros da Bidueira, entidade organizadora da proba coa colaboración do Concello.
O Concello de Cervo tamén explica que “a competición dará comezo ás 10:30 horas, tras as medicións previstas para as 09:45 horas, e continuará ás 16:00 horas coa sesión de tarde. Haberá probas nas categorías Chapeada +1,50, Chapeada -1,50, Serrada +1,50, Serrada -1,50 e Sub-16, con premios en metálico e trofeos...
leer másO Concello de Ribadeo anuncia que “a maxia do regreso, o aroma do tabaco e o liño branco volven inundar as rúas de Ribadeo nunha nova edición do seu xa emblemático Ribadeo Indiano. Un dos piares fundamentais desta viaxe ao pasado é, sen dúbida, a súa banda sonora: unha coidada selección musical que recrea o ambiente das sociedades da emigración galega en Cuba, Arxentina ou México”.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a festa arrincará oficialmente o 10 de xullo. Como xa é tradición, o Coro Sagrado Corazón porá a nota emocional unindo as dúas beiras do Atlántico. Tras o tradicional desembarco teatralizado no peirao de Porcillán, a música será a encargada de recibir aos indianos. A noite tinguirase de nostalxia e elegancia cos concertos de formacións como Gallaecia Small Band. O broche de ouro da primeira xornada chegará...
leer más












