Eventos

15/04/2026

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o día 10 de maio, domingo, unha nova edición da Feira das Maulas, “unha das citas máis singulares do calendario local, que propón un ambiente festivo, tradición e actividade arredor do mundo gandeiro e ecuestre. Ao longo de toda a xornada, veciñanza e visitantes poderán desfrutar dunha programación pensada para combinar participación, lecer e posta en valor dun evento con fonda pegada no municipio”, anuncia o Concello de Viveiro.

A feira comezará ás 9:00 horas e, desde as 10:00 ata as 13:00 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para as competicións no circuíto das carreiras, ademais de realizarse a medición dos cabalos na pista. A animación musical será desde as 12:00 horas coa actuación dos Gaiteiros de Bagoas da Terra, mentres que a sesión vermú estará amenizada polo dúo...

leer más
14/04/2026

Este martes, 14 de abril, deron comezo en Ribadeo os actos conmemorativos do ano dedicado á figura do presidente do Goberno e alcalde honorario deste Concello, Leopoldo Calvo Sotelo. Están organizados polo Concello coincidindo co centenario do seu nacemento. Houbo unha ofrenda floral no cemiterio municipal que realizaron o alcalde, Dani Vega; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e unha das netas de Calvo-Sotelo. O Trío de Cámara da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova interpretou Alfonsina y el mar e concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, recitou o poema de Manuel María O meu barco, debido á conexión de Leopoldo Calvo-Sotelo coa ría. A continuación tivo lugar un pleno extraordinario no Pazo de Ibáñez para declarar este 2026 como o ano Leopoldo Calvo-Sotelo. O Concello traballa na organización de diferentes actividades como unha...

leer más
14/04/2026

Este martes, 14 de abril, tivo lugar en Mondoñedo a presentación oficial das festas de As Quendas 2026, nun acto no que estiveron presentes Manuel Otero Legide, alcalde de Mondoñedo; Iria Castro Fernández, deputada provincial de Cultura; e Manuel Antonio Fernández, director territorial de Cultura, acompañados tamén por concelleiros de Mondoñedo e membros da organización. Os festexos celebraranse desde o 30 de abril ata o 3 de maio.

A asociación organizadora fai público un “agradecemento sincero ao Concello de Mondoñedo, á Deputación de Lugo e á Xunta de Galicia polo seu apoio e compromiso, fundamentais para seguir facendo medrar unhas festas que son orgullo de todos”.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anunciou que “a deputada de Cultura, Iria Castro, participou na presentación das Quendas. O acto celebrouse...

leer más
14/04/2026

A asociación Nordés vén de anunciar a organización dunha saída cultural para o sábado 25 de abril, cunha proposta que combina patrimonio, tradición e gastronomía entre A Pontenova e Taramundi.

Nordés explica que “a xornada inclúe a visita ao obradoiro do artesán J. Rodil, onde as persoas participantes poderán coñecer de primeira man o proceso de elaboración de navallas artesás. Ademais realizarase unha visita guiada co técnico de turismo da Pontenova, que incluirá a exposición mineira Sociedad Minera de Villaodrid e o Museo da Pesca Fluvial. O programa complétase cun xantar na Casa Rural Casona de Labrada, con menú tradicional, e tempo libre en Taramundi, onde se poderá visitar opcionalmente o Museo dos Muiños de Mazonovo. A xornada rematará cunha visita a unha queixería tradicional, que incluirá explicación e degustación”.

A saída contará con...

leer más
Etiquetas:
14/04/2026

Trabada acollerá o domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas a VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que nesta edición se celebrará na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. “Debido ao crecemento continuo do evento foi necesario ampliar o espazo”, explica o Concello de Trabada, que engade: “esta festa, xa consolidada no calendario local, destaca pola súa esencia tradicional e pola implicación da veciñanza. Máis de 40 voluntarios e voluntarias participarán na elaboración da enfariñada in situ, mantendo viva unha receita tradicional que cada ano reúne a centos de persoas”. Ademais destaca que “nesta edición volverá haber opcións sen glute, reforzando así o carácter inclusivo do evento. Ademais repetirán as fiolleiras de Muimenta, que elaborarán as súas tradicionais filloas, e como novidade, contarase coa participación da Sociedade Cultural Ledicia, que...

leer más
Etiquetas:
14/04/2026

O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños e veciñas de viaxe por cinco destinos lucenses. Desde hoxe e ata o venres, colectivos do Saviñao, Ribadeo, Lugo, Taboada e Xermade terán a posibilidade de descubrir diferentes rutas pola Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra de xeito gratuíto. A iniciativa da institución provincial permitiralles descubrir tesouros do patrimonio lucense como as praias virxes do Vicedo, a Abadía de San Clodio, a Reitoral de Gundivós ou as pallozas de Piornedo.

Hoxe, a asociación Terra do Toxo do Saviñao viaxa ao Vicedo e Irmanamento de Ribadeo desprázase a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Os dous colectivos fixeron parada en Lugo, os primeiros para visitar o Mazo de Santa Comba e os segundos, o Centro de Interpretación Terras do Miño. A asociación Castro Celta de...

leer más
13/04/2026

Ribadeo dedicará o ano 2026 á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, coincidindo co centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. Os primeiros actos terán lugar este martes, día 14 de abril. Haberá unha ofrenda floral, un pleno extraordinario e tamén un acto litúrxico.

O alcalde, Dani Vega, anunciou: “este ano 2026 celebramos o centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo e desde o Concello queremos dedicarlle este ano baixo a reflexión, o debate e tamén o recordo da súa pegada. Pai da democracia, peza fundamental na transición, aperturista ante as novas realidades naquel entón da economía de Europa, entramos na OTAN, e defensor das autonomías, dado que o 18 de maio de 1981 tamén firmou o Estatuto de Galicia, un presidente galego firmou o Estatuto Galego”.

O rexedor considera que “o Concello de Ribadeo...

leer más
13/04/2026

O Concello de Cervo organiza o XL Día do Xubilado para o día 1 de maio, venres, e anuncia que “xa está aberto o prazo de inscrición para participar nesta celebración tan especial e rematará o 24 de abril”.

É un evento dirixido a persoas pensionistas empadroadas no concello de Cervo e para participar poden anotarse na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Ciprián).

“Un día para compartir, celebrar e desfrutar xuntos!”, destaca o Concello de Cervo.

 

13/04/2026

Trabada acollerá os días 25 e 26 de abril, sábado e domingo, unha nova edición da romaría de San Marcos, “unha das festas e feiras máis emblemáticas e con maior tradición do municipio, que terá lugar na área recreativa da A Cadeira”, anuncia o Concello de Trabada.

O alcalde, Rubén García, acompañou aos veciños e veciñas da parroquia de Órrea na presentación do cartel desta edición, destacando “a importancia de manter vivas as tradicións e de seguir apoiando este tipo de eventos”.

O programa dará comezo o sábado 25 de abril coa feira anual de gando cabalar e a exposición de gando a partir das 12:00 horas, así como o concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega, con seccións de sementais, eguas e poldros ata 3 anos. A xornada completarase coa misa solemne e procesión ás 13:30 horas e sesión vermú...

leer más
12/04/2026

A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará a cuarta edición da Festa do Veciño o día 19 de abril, domingo.

Haberá sesión vermú a partir das 12:30 horas e comida ás 14:30 horas, coa actuación do dúo Son de Festa.

As entradas para participar neste evento están á venda ata o 14 de abril.

Está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que disporán de carpa.