Eventos

30/07/2026

Burela inicia o mes de agosto coa vista posta na eclipse solar total que terá lugar o vindeiro 12 de agosto, xa que, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o municipio será un dos mellores lugares de España para observar este fenómeno, cunha duración da totalidade de preto de 1 minuto e 49 segundos.

Ante esta oportunidade, a Deputación de Lugo e o Concello de Burela desenvolverán unha programación especial para que veciños, veciñas e visitantes poidan vivir este acontecemento astronómico nas mellores condicións. A Deputación patrocina as actividades que se desenvolverán no marco de Produart e da Feira do Bonito, así como o reparto gratuíto de lentes homologadas para a observación segura da eclipse.

As lentes entregaranse durante as actividades específicas organizadas arredor da eclipse e tamén...

leer más
Etiquetas:
30/07/2026

A parroquia de Nois, no municipio de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde este venres, 31 de xullo, ata o domingo 2 de agosto.

As actividades comezarán o venres ás 15:00 cun torneo de fútbol 3x3 junior, sub-12 e sub-18. Desde ás 18:00 horas haberá festa infantil gratuíta con colchonetas, festa da escuma e DJ Puzzle Animación.

O Sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión arredor da Igrexa acompañada polo Coro de Nois. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, que tamén actuará na verbena. E ás 00:00 horas, Noite Meiga con queimada gratis e sorteos.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne acompañada do coro Mar Aberto e procesión ata o porto. E ás 14:30 horas comezará unha sesión vermú co grupo Fusión Latina....

leer más
Etiquetas:
30/07/2026

A programación sociocultural do Concello de O Vicedo para o vindeiro mes de agosto inclúe oito actividades.

A  primeira é unha ruta en kaiaks polo río Sor o mércores 5 de agosto ás 10 da mañá, tomando como punto de partida o porto deportivo do Vicedo desde onde se trasladará aos participantes en vehículos ata Ribeiras do Sor para emprender dita baixada e regresar ao porto do Vicedo. A duración estimada é de 2 horas; o prezo, 20 euros (materiais e transporte incluídos) e as inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95 ou do correo electrónico omix@concellodovicedo.org. As prazas son limitadas.

O sábado 8 agosto ás 10 horas haberá a actividade titulada Río Sor, remansos de paz y biodiversidad, que consistirá nun paseo pola ruta...

leer más
Etiquetas:
30/07/2026

O deputado provincial de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, visitou este mércores o Campo da Festa de San Pedro de Mor, en Alfoz, onde mantivo un encontro coa directiva da Asociación Cultural Xuvenil O Castelo para coñecer de primeira man os preparativos dunha cita “fundamental” para este municipio: a Festa dos Choferes, que este ano acada a súa 60ª edición. Anunciouno a Deputación de Lugo, que tamén explica que “a achega provincial, comprometida para esta edición, supera os 9.000 euros e servirá para a contratación de grupos musicais; a edición do libro conmemorativo do 60 aniversario, que recolle textos, testemuños e a evolución cronolóxica da festa a través de imaxes e relatos das edicións pasadas; o servizo preventivo de ambulancia; e unha exposición fotográfica retrospectiva ao aire libre que amosa o cambio xeracional da festa ao longo das súas seis décadas...

leer más
Etiquetas:
29/07/2026

O Concello de Viveiro celebrará na madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, a partir das 00:15 horas, unha nova edición da Festa da Xuventude, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela e contará coa actuación da Discomóbil Hermo.

A iniciativa forma parte da programación da área de Xuventude do Concello de Viveiro e conta coa colaboración da Xunta de Galicia. “O obxectivo é ofrecer unha alternativa de lecer atractiva para a mocidade e dinamizar as noites de verán, convertendo esta cita nun punto de encontro para veciños e visitantes”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia que “nesta edición a festa contará tamén coa implicación da nova directiva da Sociedade Deportiva Viveiro, que asumirá a xestión da cantina. A recadación obtida destinarase integramente a apoiar o inicio da nova tempada deportiva do club, reforzando así a...

leer más
29/07/2026

O Concello de Cervo ultima os preparativos para celebrar a 41ª edición da Festa da Maruxaina, “unha das citas máis emblemáticas do verán galego e unha festa declarada de Interese Turístico Galego que volverá converter San Ciprián no epicentro da tradición mariñeira, da cultura popular e da convivencia. Durante varios días desenvolverase unha programación pensada para todos os públicos, na que non faltarán a música de rúa, a gastronomía, os actos tradicionais e, como gran protagonista, a chegada da lendaria Maruxaina á Praia do Torno”.

“Como complemento ás actividades desde o luns 3 ata o xoves día 6  haberá tamén viaxes en barco aos Farillóns con saída desde o porto de San Ciprián de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas (luns e xoves); e martes e mércores en horario de tarde, ofrecendo a oportunidade de coñecer desde o mar un dos...

leer más
Etiquetas:
29/07/2026

O Concello de Foz presenta o cartel e o programa das festas do San Lourenzo, que se celebrarán desde o día 7 ata o 11 de agosto.

“Chega agosto e con el o San Lourenzo a Foz. Un mes cheo de actividades, de cultura, deportes e actividades de ocio”, anuncia a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “as actividades do San Lourenzo comezan o xoves 6, coa actuación do grupo Mar Aberto na praza Rosalía de Castro ás 21.00 horas; o venres 7 teremos o pregón que este ano será a cargo de José Manuel Romero Moreno (Conde de Fontao e veciño de Foz). O pregón será na Praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) ás 20.30 horas. A continuación terá lugar un concerto do grupo Pantera Rosa. O sábado 8 haberá sesión vermú a partir das 14.00 horas na explanada do peirao co grupo Eric Hidalgo Prime; e a partir das 23.00 horas será este mesmo grupo...

leer más
28/07/2026

O municipio de Cervo acollerá a celebración do Día do Turista este sábado, día 1 de agosto, evento organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de San Ciprián coa colaboración da administración local. Na presentación da xornada participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira Mali Méndez; e membros da directiva do CIT, entidade promotora desta cita estival.

O Concello de Cervo anuncia que o evento “ofrecerá un completo programa de actividades dirixidas a públicos de todas as idades, co obxectivo de dinamizar a vila, e favorecer a convivencia entre veciñanza e visitantes. A programación arrancará cunha actividade de castelos na area, na Praia do Torno, cuxa inscrición se pode facer alí mesmo entre as 11:00 e as 11:30 da mañá; seguida dunha comida degustación de salpicón de bonito na sede do CIT, ás 14:30 horas. Xa...

leer más
28/07/2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da Festa dos Chóferes de Alfoz do Castrodouro, que este ano cumpre o seu 60 aniversario. Celebrarase desde este xoves, 30 de xullo, ata o domingo, 2 de agosto, está organizada pola asociación cultural xuvenil O Castelo e conta co apoio do goberno galego.

Villares destacou “a traxectoria e a proxección” da cita e felicitou “á veciñanza, que a mantivo viva xeración tras xeración ata convertela en parte da súa identidade e nun recurso que promove o turismo no municipio”.

A Xunta de Galicia destaca que “o acto principal desenvólvese na mañá do domingo, 2 de agosto -a partir das 12:00 horas-, coa procesión de vehículos polas parroquias, misa e bendición dos coches, e a entrega de premios aos mellores de cada categoría. A organización...

leer más
28/07/2026

A área recreativa Obispo Santo, en Forxán (Foz) acolle este sábado, día 1 de agosto, a cuarta edición da Festa do Mexillón organizada pola Asociación Cívico Cultural Obispo Santo.

As actividades comezarán ás 14:00 horas. Haberá carpa e servizo de bar; actuación do Mago Paco, co espectáculo Delicias, ás 17:00 horas e inchables e colchonetas gratis. Da música encargarase o grupo Pekados.