Foz elixe este sábado, 24 de outubro, á raíña ou rei do Entroido 2027

Este sábado, 24 de outubro, elixirase a raíña ou rei do Entroido 2027 de Foz nun acto que se celebrará na Sala Bahía ás 20.00 horas.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o evento iniciarase co monólogo de Marcos Pereiro, coñecido polo seu papel de Nucha (das pandeireiteiras de Ardebullo) e por outros moitos no mundo cultural galego. A continuación coñeceremos as candidaturas presentadas a esta elección que nos contarán porque queren ser a maior representación do noso Entroido e despois da votación coñecerase quen será a raíña ou rei do Entroido 2027. Por suposto, contaremos con música, da orquestra Dinastía e Dj”.

“Agardamos que as veciñas e veciños nos acompañen neste evento tan especial no que se escolle a quen representará nos vindeiros meses ao Entroido de Foz, unha das festas máis representativas da Mariña”, remata Inés López Couto.