Eventos
O Concello de Trabada traslada á veciñanza información detallada sobre a eclipse solar total que terá lugar este mércores, 12 de agosto, un fenómeno astronómico excepcional que poderá observarse desde o municipio e que terá a súa fase de totalidade ao redor das 20:28 horas: segundo os datos do Observatorio Astronómico Nacional, en Trabada a eclipse comezará ás 19:31 horas, mentres que o inicio da totalidade está previsto para as 20:27:12 horas. O máximo da eclipse producirase ás 20:28:06 horas, alcanzándose nese momento o 100 % de ocultación do Sol, e a totalidade rematará ás 20:28:54 horas. A eclipse completa finalizará ás 21:21:30 horas, cunha duración total de aproximadamente 1 hora e 50 minutos, mentres que a fase de totalidade terá unha duración de 1 minuto e 46 segundos.
Para facilitar a observación deste fenómeno, o Concello de...
leer másCervo será un ano máis o escenario da Queimada Popular, “unha das festas con máis identidade da contorna, declarada de Interese Turístico Galego, que este ano celebra a súa 48ª edición o próximo sábado 22 de agosto, cunha programación que volverá mesturar tradición, cultura, espectáculo e música para todos os públicos”, anuncia o Concello.
Na presentación da festa participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Adrián Arias e membros de Airiños do Xunco, que organizan a festa en colaboración co Concello,
A rexedora destacou que “a Queimada é moito máis ca unha festa: é unha manifestación da nosa identidade, das nosas raíces e do compromiso por manter vivas as tradicións que nos definen como pobo. É un orgullo para o Concello de Cervo acoller unha celebración que cada...
leer másO luns 10 agosto a Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, “converterase nun espazo máxico para toda a familia”, anuncia o Concello de Barreiros, que, coa colaboración da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, trae “unha gran gala de circo con pallaso, maxia, malabares, acrobacias aéreas e moito máis”.
Será ás 20:00 horas con entrada de balde ata completar aforo.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 15 de agosto, sábado, a súa 15ª Marcha Nocturna polo municipio focego. A saída será ás 22:00 horas desde a Praza do Concello.
O prazo para anotarse remata o 9 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é fácil, a organización recomenda levar lanterna ou farol e anuncia: “un año más en agosto celebramos la marcha nocturna, ruta fácil y cómoda disfrutando de un sabroso chocolate y bizcocho en la playa de Llas”.
El Restaurante & Catering Los Olivos, que está junto a la playa de Navia (Asturias), cuenta en sus instalaciones con una ubicación privilegiada para observar y disfrutar el eclipse de sol en su totalidad, como destaca el astrónomo naviego Hugo García Fernández, que pertenece al Colectivo Observación Astronómica Astur (COAAST). Al darse estas condiciones, el gerente del establecimiento hosteleros, Alfonso Santiago, decidió organizar un evento único para este 12 de agosto desde las 21:30 horas con espicha especial, queimada, brujo con conjuro y sesión DJ.
Hugo García, apasionado de la astronomía desde los 14 años, explica que el restaurante “cuenta con la ubicación perfecta para la observación del eclipse, gracias a su entorno y jardines, para disfrute de los clientes que acudan al evento. Las aplicaciones, mediciones y comprobaciones...
leer másA praia urbana de Burela acollerá este sábado, 8 de agosto, a segunda festa acuática do programa municipal Verán Acuático, entre as 16:30 e as 19:30 horas, unha proposta de lecer dirixida a público familiar.
O Concello de Burela anuncia que “durante a xornada instalaranse catro inchables acuáticos, un balancín e un inchable deportivo terrestre. Tamén se poderá practicar kaiak e paddlesurf, completando unha tarde de actividades vinculadas á auga e ao lecer ao aire libre”.
Esta será a segunda cita das festas acuáticas incluídas na programación de Verán Acuático, despois da celebrada o pasado mes de xullo. Os días 16 e 23 de agosto poderanse alugar kaiaks e táboas de paddelsurf e o programa rematará cun parque acuático do 27 ao 30 de agosto na praza do Concello e na da Mariña.
Dende o...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que o vindeiro luns, día 10 de agosto, procederá ao reparto gratuíto das “gafas homologadas para a observación segura da eclipse solar total do mércores 12 de agosto, facilitadas pola Deputación de Lugo dentro da campaña provincial de información e prevención con motivo deste fenómeno astronómico. As persoas interesadas poderán recoller as gafas na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, ata esgotar existencias. Co obxectivo de favorecer que o maior número posible de persoas poidan acceder a este material de protección, entregarase un máximo de dúas gafas por persoa”.
Ademais o Concello de Viveiro lembra que “observar unha...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños, veciñas e visitantes a achegarse á caseta oficial da Maruxaina, instalada na Praza dos Campos (San Ciprián), onde xa están á venda os produtos oficiais desta nova edición da festa.
Entre os artigos que se poden adquirir figuran camisetas para home, muller e nenos e nenas, bolsas, panos, o libro da Maruxaina e dúas tazas conmemorativas desta edición. Por unha banda, a taza artística de cerámica deseñada por Ánxel Cao, inspirada na forma dun percebe; e, por outra, a taza de barro elaborada por Saúde Mental A Mariña, que reproduce o cartel oficial da Maruxaina 2026.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Mali Méndez, presentou a taza de barro xunto ás persoas usuarias e profesionais de Saúde Mental A Mariña, responsables da súa...
leer másO Concello de Trabada anuncia que Trabadela e o Alto da Cadeira “serán os escenarios dunha intensa fin de semana festiva en Trabada, con actividades que combinarán gastronomía, música, tradición e lecer para todas as idades”.
A programación comezará o venres 7 de agosto ás 21:00 horas coa churrascada de Trabadela, que dará paso a unha verbena amenizada por Ana Sánchez, nunha cita organizada pola comisión de festas.
O sábado 8 de agosto celebrarase unha nova edición da XXIII Xira da Cadeira, “unha das citas máis consolidadas do verán no municipio”. A xornada arrancará ás 10:30 horas coa segunda edición do Campionato de Balinera (carabina), organizado polo Concello de Trabada, cunha inscrición gratuíta e no que as balineras serán facilitadas pola organización. A continuación terá lugar a procesión en honra a San...
leer másRinlo, Mondoñedo, Foz e Alfoz serán os escenarios dun programa que combina historia, patrimonio, paisaxe e curiosidades da man da guía oficial Ana Pena.
A empresa Guía tu día, dirixida por Ana Pena, organiza durante o mes de agosto un novo ciclo de visitas guiadas coa finalidade de dar a coñecer o patrimonio cultural, histórico e natural da Mariña Lucense a través de percorridos interpretativos pensados tanto para visitantes como para a propia veciñanza.
O programa arrancará este domingo, 9 de agosto, en Rinlo, cun paseo polo litoral para descubrir a historia desta emblemática vila mariñeira, a tradición do percebe, as antigas cetáreas e a estreita relación da súa poboación co mar.
A seguinte cita será o luns 10 de agosto en Mondoñedo, onde os participantes percorrerán o casco histórico...
leer más












