Eventos
Lucía Legazpi López, de Ribadeo, viaxará en setembro a Lanzarote grazas ao Pasaporte de Acisa. Esta novidosa campaña concluíu co sorteo ante notario deste importante premio. Foi ás dúas da tarde na rúa San Francisco, desde o escenario de Nuevo Ritmo, o grupo que puxo a nota musical a este especial Domingueo en Ribadeo.
Exerceu de man inocente unha das compoñentes do grupo musical. O sorteo celebrouse ante a presenza da notaria Rocío de la Hera Ortega.
Na entrega da viaxe a Lanzarote participaron as concelleiras ribadenses Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, así como as directivas de Acisa Manoli Torviso e Trinidad Otero, xunto á presidenta e ao xerente do colectivo empresarial, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Durante toda a mañá foron moitas as persoas que se achegaron a depositar os seus...
leer másO xoves 18 de xuño o Concello de Barreiros organiza unha xuntanza de fin de curso para os dous colexios, CEIP de San Cosme e CEIP de San Miguel. Será na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas.
Haberá unha actuación musical, que correrá a cargo de María Faltri co seu espectáculo Picadiscos, “unha hora de música infantil en galego para que a cativada non deixe cantar e bailar”, anuncia o Concello de Barreiros.
A parroquia de San Adriano, no municipio de Lourenzá, celebrará a festa romaría na honra ao seu patrón o día 16 de xuño, martes.
As actividades comezarán ás 9:00 horas coa primeira misa, ás 10:00 horas será a rogación, seguida de misa; ás 13:00 horas celebrarase a misa de mediodía seguida de sesión vermú co dúo Venus.
E ás 19.00 horas haberá a última misa e de seguido festa verbena co dúo Venus e o grupo D' Cano.
O Concello de Viveiro abrirá do 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar autorización para celebrar comidas e ceas na rúa o vindeiro 11 de xullo, con motivo da Feira Renacentista 2026. As persoas interesadas dispoñerán dun formulario específico para solicitar tanto o uso de espazos de titularidade municipal como o préstamo de material.
“Os formularios estarán á disposición das persoas interesadas no Rexistro municipal e na páxina web do Concello. No caso dos establecementos de hostalería que presenten a solicitude en representación do negocio, esta deberá tramitarse a través da administración electrónica con certificado de representante”, explica o Concello de Viveiro, que ademais lembra que “deberán presentar solicitude tanto os particulares como os establecementos hostaleiros que desexen organizar comidas ou ceas na rúa durante a Feira...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora, un ano máis, na organización do San Xoán, do barrio das Corporacións, en Foz. O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou na presentación desta celebración popular, organizada pola asociación Pe do Molete, que se celebrará o 23 de xuño. O evento comezará ás 13:30 horas co pregón de José Antonio Neira (Chichita) e manterase durante toda a tarde e noite até o encendido da fogueira, cunha representación do colectivo cultural focense O Feitizo arredor do simbolismo desta data e coa actuación da charanga ourensá Los Támega.
Daniel García valorou “o traballo da asociación organizadora, que con esta xornada festiva reúne a veciñanza nunha data como o San Xoán, con ritos e tradicións que forman parte da nosa tradición e patrimonio cultural”.
A participación no programa do San Xoán...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ten todo listo para o sorteo do seu Pasaporte, unha campaña novidosa para dinamizar o comercio e a hostalería locais, que se desenvolveu durante máis dun mes. O broche final será o sorteo ante notario dunha viaxe a Lanzarote este domingo, día 14 de xuño, ás 14:00 horas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “esta campaña impulsada por Acisa Ribadeo e denominada o Pasaporte é unha iniciativa que combinou compras, lecer e premios para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais durante máis dun mes, e que este domingo chega o seu remate co sorteo que faremos ás dúas da tarde”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, explicou que “desde o 8 de maio ata o 14 de xuño veciñanza e visitantes puideron...
leer másA parroquia de As Negradas, no municipio de O Vicedo, celebrará as festas na honra a San Antonio este sábado, día 13 de xuño.
As actividades comezarán ás 12:15 horas con misa cantada seguida de procesión acompañada pola banda Nuestra Señora de la Misericordia, de Viveiro. Despois haberá sesión vermú amenizada pola orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena xunto a Ritmo Joven.
A organización destaca que haberá pista de baile cuberta.
A parroquia de Vilaronte, no municipio de Foz, celebrará as festas de San Xoán os días 13, 23 e 24 de xuño.
Estes festexos están organizados pola asociación cultural O Atrio de Vilaronte e as actividades comezarán este sábado, 13 de xuño, ás 19:30 horas co pregón a cargo de Pablo Cid Gómez (O Moucho); ás 20:00 horas actuará a A.C. Saíñas, de Xove; a partir das 21:00 horas haberá churrascada; e desde as 22:30 horas amenizará o evento o dúo Epok.
As festas continuarán o día 23 de xuño, martes, a partir das 22:30 horas cunha verbena amenizada polo grupo DKris e a orquestra Gran Parada.
E o mércores 24 de xuño ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz e despois haberá procesión e sesión vermú coa orquestra Principal, que tamén amenizará un tardeo.
... leer másA parroquia de Carballido, no municipio de Alfoz, celebrará a Feira do Trece este sábado, día 13 de xuño, desde as 10:00 horas.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido, que anuncia: “na feira de gando esperamos contar cun número considerable de animais. Serán premiados os 2 gandeiros que máis número de cabezas aporten á feira, ademais das 2 mellores vacas, os 2 mellores cabalos ou bestas de montura e tamén de tiro.Todos os gandeiros que desexen curro poderán contactar con nós no 636.01.06.19. No mercado contaremos con postos con todo tipo de produtos, incluído o estrela desta feira antigamente, as cereixas”. Tamén haberá paseos a cabalo gratuítos para nenos con Flor do Toxo a partir das 16:30 horas, “para que os máis novos disfruten tamén da feira”.
No programa tamén se...
leer másBurela ultima os preparativos para celebrar o festival De Cabo a Cabo, unha proposta impulsada pola Deputación de Lugo, o Concello de Burela, a Asociación Cultural Fanto Fantini e coa dirección creativa de Anxo Ferreira que “converterá a vila nun espazo de encontro arredor da música, o deporte, a gastronomía e a creación artística” o vindeiro luns, 15 de xuño. A programación desenvolverase en diferentes puntos do municipio, principalmente na praza da Mariña, a praia do Portelo, o parque Rosalía de Castro e a praza de Abastos.
Ao longo da tarde e da noite sucederanse os concertos, as actividades deportivas, as degustacións gastronómicas e as intervencións artísticas nunha xornada que “reunirá diferentes propostas culturais e comunitarias vinculadas á realidade multicultural de Burela”.
O Concello de Burela anuncia...
leer más












