Eventos

19/04/2026

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 25 de abril, sábado, un percorrido pola ruta Veiga do Mandeo, no municipio coruñés de Aranga. A distancia a percorrer son 1o quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.

A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 22 de abril. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.

18/04/2026

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Dinamización, Dani García, recibiron no Concello a membros da directiva da Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos, que se encargan da organización desta xuntanza para a veciñanza. A cita terá lugar este domingo, día 19 de abril, na pista das escolas de Celeiro de Mariñaos, onde se celebrará a cuarta edición deste evento, que “xa é un referente para a parroquia”.

A xornada comezará ás 12:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Son de Festa para logo continuar coa tradicional comida veciñal.

Desde o Concello de Barreiros anuncian tamén: “seguimos colaborando e apostando por estas xuntanzas, que nacen do tecido asociativo e que son fundamentais para a cohesión social e para dar vida ás parroquias”.

Etiquetas:
18/04/2026

O actor Avelino González ofrecerá o monólogo titulado Chistes que foron contos na parroquia focega de Nois este domingo, día 19 de abril. Será no Centro Social A Saira ás 18:00 horas.

É unha actividade para todos os públicos organizada pola Agrupación Deportiva San Xulián de Nois, que anuncia que ademais da actuación de Avelino González haberá café ou chocolate con biscoito por 3 euros.

Este evento conta coa colaboración do Concello de Foz.

Etiquetas:
17/04/2026

Concello de Ribadeo e Acisa poñen en marcha unha nova edición da campaña Domingueo en Ribadeo co obxectivo de promocionar as compras no comercio local os domingos pola mañá e o consumo na hostalería local. Os concertos do Domingueo en Ribadeo serán os días 19 e 26 de abril, 3 e 31 de maio e 7 e 14 de xuño. Este vindeiro domingo, día 19, na praciña de San Roque terá lugar a actuación de Untopic a partir das 13:00 horas.

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, manifestou que “esta fin de semana poñemos en marcha unha nova edición do Domingueo en Ribadeo, campaña que organizamos conxuntamente entre o Concello e Acisa para facer das mañás de domingo unha cita ineludible para vir pasear, mercar ou tomar o vermú a Ribadeo. E o que pretendemos é darlle a esas mañás un toque musical para que aínda sexa máis apetecible vir á nosa vila”.

... leer más
Etiquetas:
17/04/2026

A parroquia de San Xorxe, no municipio de Lourenzá, celebrará a festa na honra ao seu patrón este sábado, día 18 de abril.

As actividades comezarán ás 13:15 horas con misa solemne, sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e despois terá lugar a III Comida Popular. Tamén haberá sesión tarde noite coa orquestra Los Satélites e o dúo Belinda. E para rematar a festa actuará o DJ The Sound Project.

Etiquetas:
16/04/2026

A Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros realiza neste 2026 o Camiño Francés en 8 etapas. A primeira será este sábado, 18 de abril, entre O Cebreiro e Triacastela. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “temos preto de 30 persoas anotadas para dar comezo ás andainas deste ano, a través do Camiño Francés. Aquelas persoas que queiran anotarse aínda o poden facer poñéndose en contacto con nós a través do teléfono ou whatsapp  623 22 68 25”.

Gómez Puente conta que “neste 2026 decidimos facer a nosa peregrinación por etapas a Compostela a través do Camiño Francés. Será en 8 etapas durante os meses de abril, maio e xuño. Animamos a todas as persoas que queiran compartir esta experiencia con nós a que se inscriban tamén para as vindeiras etapas”.

... leer más
Etiquetas:
16/04/2026

O Concello de Trabada anuncia que celebrará o domingo 17 de maio unha nova edición do tradicional Encontro dos Maiores, “unha xornada especialmente emotiva que reúne a veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio para compartir un día de convivencia e homenaxe. Este encontro, dirixido ás persoas maiores de 65 anos e aos seus cónxuxes, converterase un ano máis nun espazo de recoñecemento á dedicación e ao traballo de toda unha vida, nun ambiente de celebración e unión veciñal”.

A programación dará comezo ás 13:00 horas cunha sesión vermú no pavillón municipal de Trabada, seguida do xantar ás 14:00 horas. A xornada completarase coa entrega de agasallos e baile para todas as persoas asistentes.

Nos vindeiros días as persoas destinatarias recibirán unha carta nos seus fogares coa invitación e información...

leer más
16/04/2026

Este domingo, día 19 de abril, ás 12 do mediodía veciñanza de Alfoz do Castrodouro lanzará tres foguetes, un por cada palabra do topónimo restaurado, desde o alto da histórica vila do Castrodouro, ao pé do castelo.

Os promotores desta iniciativa explican que se trata de “mostrar a ledicia pola recuperación dun nome que sufriu unha inexplicábel mutilación durante catro décadas, e que desde o pasado 30 de marzo (día en que o Consello da Xunta aprobou os topónimos revisados pola RAG) volve gozar de plena vixencia. Así, alfoceses e alfocesas desexan celebrar a restauración, mostrar o seu orgullo de pertenza a un territorio fortemente vinculado á historia medieval galega e entoar ao unísono as tres palabras do nome da súa localidade. Deste xeito nas nove parroquias alfocesas resoará simbolicamente o topónimo restaurado en forma de tres estalos...

leer más
16/04/2026

Organizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do municipio, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, o día 1 de maio, venres, celebrarase o tradicional desfile do Maio e unha nova edición da Festa Campesiña.

A alcaldesa, Rocío López, destaca que “Lourenzá mantén viva a tradición do Maio, que celebra a chegada da primavera e a fertilidade da nosa terra. É importante preservar esta tradición e transmitila de xeración en xeración facendo partícipes aos mais pequenos. Desde hai uns anos fáiselle coincidir coa Festa Campesiña para resaltar aínda máis ese día tan importante para Lourenzá”.

Ademais a rexedora municipal agradece “a implicación da maioría das asociacións do concello e de todos os veciños e veciñas que ano tras ano fan que non se perda esta tradición tan nosa do Maio e a Magdalena...

leer más
15/04/2026

A Xunta de Galicia renova a súa colaboración coa Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que celebra a cuarta edición este domingo, día 19 de abril.  A cita está organizada pola asociación veciñal da parroquia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse este mércores con membros da comisión organizadora desta “xornada de convivencia que reunirá a residentes e visitantes. O programa comeza ás 12,30 horas cunha actuación musical e a partir das 14,30 horas está previsto o xantar popular baixo unha carpa”, anuncia a Administración autonómica.

Arias lembrou que o Goberno galego “colabora con entidades de toda a provincia para facilitar o desenvolvemento de actividades que fomenten a cohesión social e  a participación cidadá”.