Eventos

Etiquetas:
07/07/2026

Dúas serán as xornadas nas que estará pechada ás visitas a praia das Catedrais para unha rodaxe en xullo: os días 15 e 16. Así llo comunicou a Xunta ao Concello de Ribadeo.

O alcalde, Dani Vega, asegurou este martes que “a Xunta enviará as comunicacións a todas as persoas que poden expedir pases para visitar As Catedrais: taxistas, hoteis, etc… para que saiban que se van liberar as autorizacións para poder acceder ao areal os días 14 e 17 de xullo”. Este mércores, 8 de xullo, será cando se proceda a abrir de novo esas datas.

O rexedor explicou que “Amazon Prime solicitou catro días de peche da praia das Catedrais, pero a Xunta desde o primeiro momento lle dixo que tiña qué aclarar qué dúas xornadas exactamente ían ser. Procedeu a bloquear catro datas ata ter a confirmación exacta por parte da empresa, pero só...

leer más
07/07/2026

A Peña Ñasss e a comparsa As Farangullas organizan a Sardiñasss en Foz este sábado, día 11 de xullo, desde as 19:00 horas. A música será a cargo do dúo de DJ´s Grande Osso.

“Xa está aquí a Sardiñasss ‘26. O clásico dos clásicos do verán focego.
Pan, sardiñas, bolo preñado, cachelos e viño ou auga. No Paseo da Ribeira (ao lado de Portochico). E despois, queimada popular de balde.
Todo isto e moita festa co bar das Faragullas e cos inimitables Grande Osso para un sábado marabilloso”, anuncia a organización.

Etiquetas:
07/07/2026

A décimo novena Feira Renacentista de Viveiro celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo cunha programación na que se incluirán o mercado, música, animación de rúa, espectáculos e actividades para o público infantil.

O Concello de Viveiro anuncia que “a Feira Renacentista será presentada o xoves 9 ás 20.00 horas nos Claustros de San Francisco. Nesta actividade participarán personaxes caracterizados de época que levarán a cabo una interpretación teatral. La avenida de Cervantes pecharase desde o venres para dar cabida ao os postos de venda. O ano pasado houbo 41 e este ano case noventa teñen confirmada a presenza na Feira Renacentista, polo que será necesario acondicionar máis espazo. A vía abrirase para servizos e tarefas de limpeza de 7.00 a 10.00 horas”.

“A xornada inaugural terá lugar o venres 10 de xullo....

leer más
07/07/2026

A parroquia de Santa Cilla, no municipio de Foz, celebrarás festas na honra da Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 10 ata o domingo 12 de xullo.

As actividades comezarán o venres ás 21 horas con Churrascada e Chourizada amenizada polo grupo Lume e a orquestra Capitol.

O sábado ás 14 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo La Tremenda.

E o domingo ás 13 horas celebrarase misa solemne, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 19 horas.

A organización dos festexos tamén anuncia que o domingo a partir das 19 horas haberá inchables gratis para os nenos, que o recinto estará cuberto con carpa e que dispoñen de amplos...

leer más
Etiquetas:
06/07/2026

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) destaca o esforzo económico que realiza no marco da coorganizacion do Ribadeo Indiano investindo máis de 35.000 euros na décimo primeira edición deste evento histórico cultural. A vila vístese estes días de branco para gozar dunha cita, que se desenvolverá esta fin de semana do venres 10 ao domingo 12 de xullo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “as rúas, prazas, rotondas xa están decorándose desde hoxe, aparcamentos a punto, escenarios a piques de estar listos... o XI Ribadeo Indiano xa está aquí. Este ano 2026 con motivo da celebración da undécima edición, e grazas ás axudas obtidas, Acisa Ribadeo fai un novo esforzo e inviste arredor de 35.000 euros. Ben merece a pena porque estamos ante a fin de semana máis agardada por todo o tecido empresarial...

leer más
Etiquetas:
06/07/2026

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha excursión para facer un descenso en piragua polo río Sella, en Asturias, o día 26 de xullo, domingo. A saída desde Foz será ás 07:30 horas.

Os prezos desta actividade son: 90 euros para socios e 95 euros para as persoas que non pertencen ao colectivo organizador.

O prazo para anotarse remata o 14 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta actividade a organización recomenda “levar roupa para mollarse, ganas de divertirse e escarpíns”.

Etiquetas:
06/07/2026

O Concello de Foz arranca un dos seus programas estivais por antonomasia, as Noites Alternativas: actividades deportivas e de ocio para a xuventude, en enclaves emblemáticos de Foz coma a Praia da Rapadoira e o Polideportivo do Campo da Cabana, anuncia o Concello, que engade que as actividades serán para rapaces a partir dos 10 anos os luns, martes e mércores e requiren inscrición previa ata o día anterior á actividade no correo electrónico asnoites@concellodefoz.es. A documentación e toda a información está a disposición na páxina web do Concello.

O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández Neira, explica que “as actividades son variadas, inícianse ás 22.00 horas deste luns, co fútbol sala 3x3, ata o mércores; seguimos co lasertag o 27 e 28 de xullo; o wipeout o 3, 4 e 5 de agosto; o...

leer más
04/07/2026

O Concello de Lourenzá pon en marcha este verán unha nova iniciativa “para dinamizar a Praza do Concello e convertela nun punto de encontro para veciñanza e visitantes. Baixo o nome de Verán na Praza, a programación reunirá actividades culturais, deportivas, musicais e de lecer que se celebrarán ao longo dos mércores dos meses de xullo e agosto. Esta nova proposta súmase á programación habitual do verán e nace co obxectivo de facer da praza un espazo vivo, aberto e participativo, pensado para persoas de todas as idades”.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica: “ademais da programación habitual, este ano quixemos dar un paso máis e crear unha iniciativa propia que lle dea vida á Praza do Concello durante todo o verán. Queremos que cada mércores sexa unha oportunidade para saír á rúa, compartir tempo en familia, atoparse cos...

leer más
04/07/2026

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que promocionará a carne de poldro de Pura Raza Galega da rapa das bestas de Candaoso, en Boimente, no concello de Viveiro, que se celebrará o 5 de xullo.

A través do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto, a área dirixida polo deputado provincial Daniel García ofrecerá unha degustación de hamburguesas de poldro, “poñendo en valor a cría de cabalos en liberdade nos montes de Buio e Lerín como actividade produtiva e provedora de alimentos de calidade”.

Na presentación desta colaboración, Daniel García destacou que “a rapa de Boimente é unha mostra da importancia que o cabalo ten na configuración da cultura, da paisaxe e da actividade gandeira na Mariña” e explicou que “o obxectivo destas actividades de degustación é ...

leer más
Etiquetas:
03/07/2026

O espectáculo Peque Disco Moc Moc, de DJ MeRe Clown, chega a Ribadeo este sábado, día 4 de xullo. Será ás 20:00 horas no Campo de San Francisco.

O Concello de Ribadeo anuncia: “este sábado, día 4 de xullo, ás 20:00 horas prepárate para unha festa chea de música, malabares, humor e moita diversión para toda a familia da man de DJ MeRe Clown. Bailaremos ao ritmo dos temas que máis gustan ás crianzas: Poliño Pío, Chuchúa, Follow the Leader, Crazy Frog e moitos máis éxitos que farán cantar e saltar a pequenos e maiores. Un espectáculo participativo onde a música, os xogos e as sorpresas se mesturan para crear unha experiencia inesquecible”.