Eventos

Etiquetas:
14/04/2026

Trabada acollerá o domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas a VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que nesta edición se celebrará na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. “Debido ao crecemento continuo do evento foi necesario ampliar o espazo”, explica o Concello de Trabada, que engade: “esta festa, xa consolidada no calendario local, destaca pola súa esencia tradicional e pola implicación da veciñanza. Máis de 40 voluntarios e voluntarias participarán na elaboración da enfariñada in situ, mantendo viva unha receita tradicional que cada ano reúne a centos de persoas”. Ademais destaca que “nesta edición volverá haber opcións sen glute, reforzando así o carácter inclusivo do evento. Ademais repetirán as fiolleiras de Muimenta, que elaborarán as súas tradicionais filloas, e como novidade, contarase coa participación da Sociedade Cultural Ledicia, que...

leer más
Etiquetas:
14/04/2026

O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños e veciñas de viaxe por cinco destinos lucenses. Desde hoxe e ata o venres, colectivos do Saviñao, Ribadeo, Lugo, Taboada e Xermade terán a posibilidade de descubrir diferentes rutas pola Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra de xeito gratuíto. A iniciativa da institución provincial permitiralles descubrir tesouros do patrimonio lucense como as praias virxes do Vicedo, a Abadía de San Clodio, a Reitoral de Gundivós ou as pallozas de Piornedo.

Hoxe, a asociación Terra do Toxo do Saviñao viaxa ao Vicedo e Irmanamento de Ribadeo desprázase a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Os dous colectivos fixeron parada en Lugo, os primeiros para visitar o Mazo de Santa Comba e os segundos, o Centro de Interpretación Terras do Miño. A asociación Castro Celta de...

leer más
13/04/2026

Ribadeo dedicará o ano 2026 á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, coincidindo co centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. Os primeiros actos terán lugar este martes, día 14 de abril. Haberá unha ofrenda floral, un pleno extraordinario e tamén un acto litúrxico.

O alcalde, Dani Vega, anunciou: “este ano 2026 celebramos o centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo e desde o Concello queremos dedicarlle este ano baixo a reflexión, o debate e tamén o recordo da súa pegada. Pai da democracia, peza fundamental na transición, aperturista ante as novas realidades naquel entón da economía de Europa, entramos na OTAN, e defensor das autonomías, dado que o 18 de maio de 1981 tamén firmou o Estatuto de Galicia, un presidente galego firmou o Estatuto Galego”.

O rexedor considera que “o Concello de Ribadeo...

leer más
13/04/2026

O Concello de Cervo organiza o XL Día do Xubilado para o día 1 de maio, venres, e anuncia que “xa está aberto o prazo de inscrición para participar nesta celebración tan especial e rematará o 24 de abril”.

É un evento dirixido a persoas pensionistas empadroadas no concello de Cervo e para participar poden anotarse na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Ciprián).

“Un día para compartir, celebrar e desfrutar xuntos!”, destaca o Concello de Cervo.

 

13/04/2026

Trabada acollerá os días 25 e 26 de abril, sábado e domingo, unha nova edición da romaría de San Marcos, “unha das festas e feiras máis emblemáticas e con maior tradición do municipio, que terá lugar na área recreativa da A Cadeira”, anuncia o Concello de Trabada.

O alcalde, Rubén García, acompañou aos veciños e veciñas da parroquia de Órrea na presentación do cartel desta edición, destacando “a importancia de manter vivas as tradicións e de seguir apoiando este tipo de eventos”.

O programa dará comezo o sábado 25 de abril coa feira anual de gando cabalar e a exposición de gando a partir das 12:00 horas, así como o concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega, con seccións de sementais, eguas e poldros ata 3 anos. A xornada completarase coa misa solemne e procesión ás 13:30 horas e sesión vermú...

leer más
12/04/2026

A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará a cuarta edición da Festa do Veciño o día 19 de abril, domingo.

Haberá sesión vermú a partir das 12:30 horas e comida ás 14:30 horas, coa actuación do dúo Son de Festa.

As entradas para participar neste evento están á venda ata o 14 de abril.

Está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que disporán de carpa.

12/04/2026

A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a ruta do Castro de Doade, no municipio de Lalín (Pontevedra), o día 18 de abril, sábado. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 07:30 horas desde a estación de autobuses de Burela.

É unha ruta de dificultade media baixa, con 10 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.

As persoas que queiran participar deben anotarse antes do xoves 16 de abril.

Etiquetas:
11/04/2026

O Club Clásicos Viveiro organiza a segunda Festa do Motor Clásico de Ourol. Será o día 18 de abril, sábado, na Explanada do Concello.

Desde as 10:00 horas haberá coches clásicos, música en directo con Grupo La Bamba e Aaron DJ, e comida (callos, churrasco, sobremesa e chupito). A participación no xantar é aberta a todos os públicos e pode reservarse ata o día 12 de abril a través do teléfono 659.10.97.30. O prezo é 35 euros.

A organización tamén anuncia: “á noite a festa non para e teremos xamón e chourizos gratis ata fin de existencias”.

Etiquetas:
10/04/2026

O Concello de Burela acolleu a última reunión de coordinación do exercicio marítimo MARSEC, “un operativo de gran envergadura” organizado pola Armada a través do Mando de Acción Marítima en Ferrol (MARFER), que terá lugar o sábado 18 de abril no porto e nos seus accesos.

Na reunión participaron representantes de todos os organismos implicados no dispositivo, entre eles a propia Armada, Capitanía Marítima de Burela, Gardacostas de Galicia, Dirección Adxunta de Vixilancia Aduaneira, Instituto Social da Mariña, Portos de Galicia, a Confraría de Pescadores de Burela e os servizos de emerxencias municipais, “co obxectivo de pechar a planificación técnica e garantir a coordinación de todos os medios”.

O Concello de Burela tamén anuncia que “o exercicio simulará unha emerxencia marítima complexa nas proximidades da...

leer más
10/04/2026

A Asociación de Festexos O Alto do Cruceiro, no municipio de Xove, conmemora o seu 20 aniversario coa organización dunha cea-baile que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril a partir das 22:00 horas no pavillón municipal de deportes do Centro Cívico de Xove. O evento titúlase Reencontro´s Fest.

O Concello de Xove explica que “co obxectivo de revivir vivencias e anécdotas, así como lembrar momentos inesquecibles, a entidade promove este encontro para conectar diferentes xeracións, unindo familias e amizades nun ambiente de alegría e nostalxia. O menú será elaborado pola Pulpería Mario de Viveiro e estará composto por empanada, polbo á feira, carrilleiras de porco ibérico ao mencía, carrot cake, café e chupito, cun prezo de 40 euros por persoa e pódense anotar ata o 20 de abril. A velada estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro,...

leer más