Eventos

22/06/2026

A asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada de San Xoán este martes, día 23 de xuño, en Ferreira do Valadouro. Será na explanada do antigo matadoiro a partir das 21:30 horas. 

“Tendes unha cita para disfrutar dunha noite máxica. Haberá sardiñas asadas acompañadas de pan, cachelo, empanada de bonito, postre, auga e viño, de balde. E para botar as meigas fóra, queimada e moita música co DJ Conxuro”, anuncia o colectivo Ao Compás do Río Ouro.

Etiquetas:
22/06/2026

O Concello de Trabada pon en valor “a intensa programación social, cultural e festiva que se desenvolverá ao longo desta semana en distintos puntos do municipio, grazas ao traballo das asociacións veciñais, comisións de festas e colectivos locais, que contan coa colaboración do Concello para facer posible estas iniciativas. As actividades darán comezo este martes, 23 de xuño, coa celebración de dúas tradicionais fogueiras de San Xoán. Por unha banda, a parroquia de Fórnea celebrará a súa festa con fogueira, música e degustación de sardiñas, chourizos e torresmos. Pola súa parte, a parroquia de Sante organizará tamén a súa tradicional Fogueira de San Xoán, unha cita que combina gastronomía, convivencia e tradición arredor do lume”.

Desde o Concello de Trabada destacan “o importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e...

leer más
Etiquetas:
22/06/2026

A parroquia de Alaxe, no municipio do Valadouro, está de festas os día 23 e 24 de xuño, martes e mércores.

O martes haberá cea popular e actuarán o grupo Montreal e a famosa cantante Pili Pampín.

E o mércores celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e despois haberá sesión vermú amenizada polo dúo Son do Val, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 18:00 horas.

Etiquetas:
22/06/2026

A parroquia de Covas, no municipio de Viveiro, celebrará as festas en honra a San Xoán Bautista desde este martes, día 23 de xuño, ata o venres 26.

As actividades comezarán o martes con verbena amenizada polas orquestras Acordes e New York e ás doce da noite acenderase a Gran Lumeirada

O mércores ás 11 horas haberá pasacalles coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu da Deputación de Lugo; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Salsarena, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Capitol.

O xoves 25 haberá pasacalles con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas; a continuación, sesión vermú amenizada pola orquestra Trébol, que tamén actuará na verbena. E desde...

leer más
21/06/2026

O barrio dos Muiños, en Mondoñedo, celebrará o Foleón de San Xoán, o día 23 de xuño, martes.

As actividades comezarán ás 21:00 horas cunha actuación do grupo Toxo Guayaba; ás 22:00 horas empezará unha degustación de torreznos, chourizos, bebida e pan. E ás 00:00 horas levarase a cabo o acendido do foleón. Tamén haberá música, a cargo de Puzzle Animación.

21/06/2026

A Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos anuncia que nesta parroquia do municipio de Barreiros o día 23 de xuño, martes, á tardiña, concretamente a partir das 20:30 horas, farán a tradicional sardiñada, chourizada e torrezmada no merendeiro da Fonte do Barreiro.

Posteriormente acenderán a fogueira de San Xoán “para espantar ás meigas”.

 

20/06/2026

A parroquia de Cordido, no municipio de Foz, organiza diferentes actividades o día 23 de xuño, martes, con motivo da fogueira de San Xoán.

Os actos, organizados pola asociación de veciños San Xulián de Cordido, comezarán ás 16:00 horas con colchonetas gratuítas, animación e música e actividades para os máis pequenos a cargo de Puzzle Animación. Ás 20:00 horas haberá un concerto de Acordeonistas da Mariña e desde as 21:00 horas repartirán racións de churrasco, panceta, chourizo, pan e viño ou auga a 10 euros.

As actividades continuarán ás 22:00 horas con animación a cargo de Puzzle e ás 00:00 horas será o acendido da fogueira de San Xoán.

20/06/2026

A Pontenova celebrará a fogueira de San Xoán con concurso de tortillas o día 23 de xuño, martes, no Forno do Boulloso.

Este evento está organizado polo Concello da Pontenova e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), que anuncian: “volve a tradicional fogueira de San Xoán, unha cita para desfrutar en familia, cos amigos e coa veciñanza. Ás 20:30 horas haberá concurso de tortillas. Anímate a participar! Entre todas as tortillas presentadas un xurado popular escollerá as tres mellores”. Os premios son: unha cea para dúas persoas no Lar de Balbina, unha cea para dúas persoas na Sidrería A Mina e unha comida para dúas persoas no Restaurante San Briz.

Ás 21:00 horas comezará unha degustación popular das tortillas presentadas ao concurso; e tamén chourizos á grella, torrezos e pan. Ademais haberá servizo de bar e...

leer más
Etiquetas:
19/06/2026

A Aula Universitaria da UNED de Foz celebrará do 22 ao 26 de xuño unha semana de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer a súa oferta formativa, instalacións e servizos á cidadanía.

A iniciativa está dirixida a estudantes potenciais, familias e persoas interesadas en continuar ou retomar os seus estudos a través da educación a distancia.

Durante estes días ofrecerá sesións informativas sobre os cursos de acceso, graos, idiomas e posgrao, así como orientación personalizada por parte do persoal da aula. As persoas asistentes tamén poderán visitar as instalacións e coñecer os recursos dispoñibles. Non é necesaria inscrición previa, xa que se trata de visitas libres dentro do horario de 9:00 a 13:00 horas.

A coordinadora da aula, Marta Muiña, destaca que “estas xornadas son unha...

leer más
Etiquetas:
19/06/2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza un encontro de networking para mulleres emprendedoras na Casa do Cabo, en Morás (Xove). A xornada busca “impulsar o intercambio de experiencias e colaboracións entre proxectos emprendedores do territorio liderados por mulleres”. Será o luns 22 de xuño de 16:30 a 18:00 horas.

O Concello de Xove anuncia: “encontro de networking para mulleres emprendedoras: un espazo pensado para ti, que estás creando, impulsando ou soñando un proxecto propio na contorna do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo. Será moito máis ca unha xornada: será unha oportunidade para coñecernos, compartir experiencias reais do camiño emprendedor e xerar alianzas que poden abrir novas portas. A cita será na Casa do Cabo, en Morás-Xove, un lugar especial onde o mar e a terra se atopan ao carón...

leer más