Eventos
A parroquia de Carballido, no municipio de Alfoz, celebrará a Feira do Trece este sábado, día 13 de xuño, desde as 10:00 horas.
Este evento está organizado pola Asociación de Veciños San Sebastián de Carballido, que anuncia: “na feira de gando esperamos contar cun número considerable de animais. Serán premiados os 2 gandeiros que máis número de cabezas aporten á feira, ademais das 2 mellores vacas, os 2 mellores cabalos ou bestas de montura e tamén de tiro.Todos os gandeiros que desexen curro poderán contactar con nós no 636.01.06.19. No mercado contaremos con postos con todo tipo de produtos, incluído o estrela desta feira antigamente, as cereixas”. Tamén haberá paseos a cabalo gratuítos para nenos con Flor do Toxo a partir das 16:30 horas, “para que os máis novos disfruten tamén da feira”.
No programa tamén se...
leer másBurela ultima os preparativos para celebrar o festival De Cabo a Cabo, unha proposta impulsada pola Deputación de Lugo, o Concello de Burela, a Asociación Cultural Fanto Fantini e coa dirección creativa de Anxo Ferreira que “converterá a vila nun espazo de encontro arredor da música, o deporte, a gastronomía e a creación artística” o vindeiro luns, 15 de xuño. A programación desenvolverase en diferentes puntos do municipio, principalmente na praza da Mariña, a praia do Portelo, o parque Rosalía de Castro e a praza de Abastos.
Ao longo da tarde e da noite sucederanse os concertos, as actividades deportivas, as degustacións gastronómicas e as intervencións artísticas nunha xornada que “reunirá diferentes propostas culturais e comunitarias vinculadas á realidade multicultural de Burela”.
O Concello de Burela anuncia...
leer másO Vicedo volverá revivir a súa historia coa celebración da novena Romaxe Viquinga, que será os días 24 e 25 de xullo e foi presentada este xoves.
A deputada provincial de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na Casa da Cultura do Vicedo na presentación da IX edición da Romaxe Viquinga 2026, que se celebrará os días 24 e 25 de xullo. Un evento que inclúe a representación do desembarco normando na praia de Area Grande, ou actuacións musicais, entre outras moitas actividades. A Deputación Provincial de Lugo colabora con este evento, así como con outras propostas turísticas, cunha achega económica de case 19.000 euros.
García Porto anunciou: “apoiamos esta cita a través do Plan Deputación. Unha ferramenta que distribuímos de xeito equilibrado e que lles permite aos...
leer másA Praza dos Fornos da Pontenova acollerá esta fin de semana, sábado 13 e domingo 14 de xuño, a novena edición da Foliada A Chocolateira, organizada pola Asociación Musical A Chocolateira coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova.
O deputado de Mocidade, Daniel García, achegouse á Pontenova, onde recoñeceu e agradeceu o traballo das organizadoras do evento, que ultiman os preparativos para unha fin de semana festiva arredor da música tradicional.
A Praza dos Fornos encherase de actividade con actuacións musicais de A Chocolateira, Foliada de Bosente e Comando Curuxás, xogos tradicionais da man de Xotramu e Troitas Bravas, un obradoiro de baile con Marina Rancaño, un espectáculo de circo e clown con MeRE-CIDAMENTE ou un obradoiro de creación de chapas, distribuídos ao longo...
leer másCervo acolle este sábado, 13 de xuño, a primeira cita de Xogal 2026: un escape room gratuíto ao aire libre que “converte o legado industrial e artístico de Sargadelos nunha aventura para toda a familia”, anuncia a empresa organizadora, Escapeo, que engade: “cerámica, lume, memoria industrial e natureza: Cervo agocha un dos patrimonios máis fascinantes de Galicia e este sábado 13 de xuño hai unha escusa perfecta para descubrilo dunha maneira completamente diferente. O proxecto Xogal, impulsado polos GDR Terra Chá, Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Miño Ulla en colaboración coa empresa galega Escapeo, arrinca a súa segunda edición cun escape room ao aire libre aberto a todo o mundo e totalmente gratuíto”.
A organización desta actividade engade que “a cita é o sábado 13 de xuño ás 11:00 horas na Praza do Souto, en Cervo. Os...
leer másEste sábado, día 13 de junio, Ribadeo será escenario de una nueva edición del torneo VIII Mus na Praia, que organiza la asociación cultural LuMus. El evento se celebrará en las instalaciones del Real Club Náutico de Ribadeo.
El torneo reunirá a más de un centenar de jugadores procedentes de Galicia, Asturias y Castilla y León, consolidándose como una de las citas más destacadas del calendario musístico de la costa lucense.
Además de la competición, el evento supone un importante impulso para la actividad social y económica de la villa, atrayendo a participantes y acompañantes que disfrutarán de Ribadeo durante toda la jornada.
Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hacen posible...
leer másA parroquia de Xerdiz, no municipio de Ourol, celebrará as festas na honra de San Antonio os días 12, 13 e 14 de xuño.
As actividades comezarán o venres cunha disco móbil a partir das 8 da tarde e haberá pinchos gratis ata esgotar existencias.
O sábado ás 13.00 horas celebrarase misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Lume, que tamén amenizará a verbena xunto ao dúo Melismas.
E para o domingo está programada unha sesión vermú prolongada a cargo do dúo Son do Val.
Acebro, no municipio de A Pontenova celebrará as festas na honra a San Antοnio os días 12 e 13 de xuño, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas cunha churrascada popular e haberá tamén verbena amenizada polo dúo Eclipse.
E o sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Montreal, que tamén actuará na verbena.
O campo da festa estará cuberto con carpa.
O Concello de Burela abre o prazo de inscrición dunha nova edición de Somos Verán, un programa de lecer estival dirixido a nenas e nenos que cursaron Educación Infantil e Primaria durante o curso 2025-2026. A iniciativa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto no CEIP Os Castros e contará cun amplo programa de actividades lúdicas e educativas.
O programa estrutúrase en catro quendas: do 1 ao 14 de xullo, do 15 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 11 de agosto e do 12 ao 25 de agosto. As actividades levaranse a cabo de luns a venres en horario de mañá (de 09:00 a 13:30 horas) e incluirán talleres, xogos, obradoiros e actividades relacionadas coa Bandeira Azul, entre outras propostas.
O prazo de inscrición estará aberto desde este xoves 11 ata o 15 de xuño e as solicitudes poderán presentarse a través do...
leer másO Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal o próximo luns, 15 de xuño, dando comezo á tempada estival nunhas instalacións que este ano presentan “unha imaxe renovada e máis moderna”. A piscina municipal permanecerá aberta ata o 15 de setembro, ampliando así o período de funcionamento ata os tres meses completos de verán. O horario de apertura será todos os días da semana, de 12:00 a 21:00 horas.
“Entre as novidades desta tempada destaca o novo mural artístico realizado por Álvaro García, veciño de Trabada e da parroquia de Sante, que achega cor, personalidade e un importante atractivo visual ao recinto. A obra contribúe a modernizar a imaxe da instalación, converténdose nun elemento moi vistoso que reforza o carácter acolledor e familiar deste espazo de lecer”, explica o Concello de Trabada.
O...
leer más












