Cooperativa
08/07/2026
A Cooperativa Terras da Mariña, que tes a súa sede en Lourenzá, organiza unha xornada de portas abertas para este xoves, día 9 de xullo: “convidámoste a coñecer de preto todo o que facemos. Visita ás nosas instalacións. Froitas e verduras de tempada, recén chegadas dende orixe. Degustación de froitas elaboradas polo cociñeiro Bruno Pena; información sobre a nosa gama de pensos NUDESA para vacún, porcino, avícola, equino e moito máis.
A xornada de portas abertas será de 10:00 a 13:00 horas e a charla informativa co equipo de NUDESA está programada para as 13:30 horas.



