Eventos

16/07/2026

Este sábado, día 18 de xullo, seguirán en Ribadeo as celebracións polo centenario do nacemento de Leopoldo Calvo-Sotelo, o ex presidente do Goberno. Haberá una mesa redonda e a inauguración dunha exposición.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou: “este sábado seguimos coas celebracións polo centenario do nacemento de don Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. Nesta ocasión teremos dúas actividades. Primeiro, ás once e media, unha mesa redonda moderada por Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, fillo do presidente, e na que participarán tres profesores: José Vidal Pelaz López e Pablo Pérez López, autores do libro Consolidar la Democracia, el gobierno de Leopoldo Calvo-Sotelo, catedráticos de Historia Contemporánea da Universidade de Valladolid e Navarra, respectivamente. E Jorge Lafuente, profesor de Historia e Instituciones...

leer más
16/07/2026

A XXVI Festa da Merluza celebrarase este sábado, día 18 de xullo, fronte á Piscina Municipal de Celeiro “nun ambiente festivo pensado para todos os públicos”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “a partir das 21:00 horas veciños e visitantes poderán degustar distintas preparacións elaboradas con pescada de Celeiro, un produto de referencia da gastronomía galega”.

O Concello de Viveiro explica tamén que “a festa contará ademais cun completo programa de animación e música para acompañar a velada, convertendo o recinto situado fronte á piscina municipal nun punto de encontro para desfrutar do verán na costa de Viveiro. A combinación de gastronomía, ambiente popular e identidade mariñeira converte esta cita nun dos eventos imprescindibles do calendario estival da comarca”.

Este evento, declarado de Interese...

leer más
Etiquetas:
15/07/2026

A parroquia de Xudán, no municipio de A Pontenova, celebra as festas na honra a Santa María Magadelena esta fin de semana, do 17 ao 19 de xullo.

As actividades comezarán este venres, día 17 de xullo, ás 22:00 horas cunha churrascada popular e verbena co dúo VeneGuay e DJ Bombardero.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión e sesión vermú. Na festa verbena actuarán o dúo Tropical e DJ Bombardero

E para o domingo ás 14:00 horas está programada misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú co grupo tradicional A Rebolaxe.

15/07/2026

A parroquia de San Martiño, no municipio de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 17 de xullo, ata o domingo 19.

As actividades comezarán o venres ás 21.00 horas cunha pancetada. E desde as 22.30 horas haberá verbena co grupo Fénix e a orquestra Fania Blanco Show.

O sábado ás 13.30 horas celebrarase misa e despois, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo JB Son, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Los Satélites.

E o domingo haberá misa ás 13:30, procesión e sesión vermú co grupo Diavolinos.

15/07/2026

Viveiro celebra as festas do Carme no barrio da Pescadería desde este xoves, día 16 de xullo, ata o domingo 19.

A comisión organizadora destes festexos anuncia que “Viveiro prepárase para vivir unha das fins de semana máis especiais do verán, chea de tradición, música, gastronomía e, sobre todo, de momentos para compartir coa familia e cos amigos. Do 16 ao 19 de xullo, agardámosvos nas Festas do Carme da Pescadería, cun programa pensado para que todos poidamos gozar desta celebración tan nosa. Haberá actos relixiosos, pasarrúas cos xigantes e cabezudos, sesións vermú e grandes verbenas coa orquestra Trova da Mariña, ademais dos dúos Boreal e Vivarium”.

Etiquetas:
15/07/2026

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o día 25 de xullo, sábado, unha ruta pola parroquia focega de Vilaronte. A saída será ás 09:00 horas desde a capela do Carme, en San Martiño.

O prazo para anotarse remata o 24 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é fácil, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

 

Etiquetas:
14/07/2026

O programa do XXVI Mercado Medieval de Alfoz do Castrodouro inclúe actividades para os días 17 e 18 de xullo, venres e sábado desta semana.

O venres será a Noite da Véspera e ás 22:00 horas o Mariscal dará a benvida a veciños e visitantes e abrirá as portas da Torre. Ás 22:30 comezará a arder a Cerna da Istoria. Ás 22:45 horas haberá danzas medievais (As Doncelas de Reirado toman o patio de armas coa súa arte). Ás 23.00 celebraranse vodas medievais oficiadas por D. Fadrique de Guzmán. E ás 23.30 horas haberá música por conta de Xaramolos.

E o sábado é o Día do Mercado e están programadas estas actividades: “ás 10.45, roteiro guiado A sombra das lendas, da man de Guía tu día. Percorrido con inicio na Ponte Nova da Seara e remate no mercado (para participar hai que anotarse no teléfono 654.99.68.57...

leer más
14/07/2026

A Sociedade Cultural Recreativa Ledicia deu a coñecer o cartel da XL Feira do Bonito de Burela, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto.

Para elixir este cartel a SCR Ledicia convocou un concurso no que os gañadores foron: na categoría A (infantil até 14 anos), Daniel Franco Fernández; e na categoría B (+ de 14 anos), Maite Fernández Cendoya.

Etiquetas:
13/07/2026

O Concello de O Vicedo organiza unha ruta de kaiaks para este mércores, día 15 de xullo, e na Casa da Cultura pode visitarse unha exposición sobre o futbolista local Kubala, mostra que estará aberta ata este domingo 19.

“Continúan os Mércores de Natureza cunha actividade xa tradicional como son as rutas de kaiaks o mércores 15 ás 11 horas. Farase unha ruta polo entorno do porto do Vicedo e pola ría percorrendo as principais praias da contorna. O punto de encontro será o peirao do Vicedo. O prezo é de 20 euros por persoa”, explica o Concello do Vicedo, que tamén anuncia: “a outra actividade, neste caso solidaria, é a II Marcha Contra o Cancro. Unha ruta curta entre a ponte vella sobre o Sor e a Casa da Cultura do Vicedo que se celebrará o domingo 19 ás 11 horas. Xa está aberta a posibilidade de inscrición online e ata o venres tamén podedes...

leer más
Etiquetas:
13/07/2026

O Concello de Xove anuncia que a celebración das festas patronais da parroquia de Lago na honra da Virxe do Carme e San Antón terán lugar os días 17, 18 e 19 de xullo de 2026 no Campo da Festa de Lago.

As festas darán comezo este venres, 17 de xullo, “cunha cita gastronómica moi agardada. A partir das 20.00 horas servirase un churrasco ao estilo Lago a prezos populares. A continuación celebrarase unha gran verbena amenizada pola Orquestra Salsarena e a Disco Móbil Conxuro. O sábado, 18 de xullo, a música continuará coa sesión vermú a cargo da Orquestra Galaxia. Pola noite, a verbena contará coa actuación da propia Orquestra Galaxia, que compartirá escenario coa Disco Móbil Conxuro, garantindo unha noite de festa e diversión. O domingo, 19 de xullo, último día das festas, celebrarase a misa solemne e procesión na honra da Virxe do Carme e San Antón, ás 13.30 horas. De seguido...

leer más