Libre

Etiquetas:
17/11/2022

Do 17 ao 29 de novembro  estará aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que organiza o Concello de Ribadeo. 

O curso, que dará comezo o 3 de decembro, terá una duración de 350 horas (200 horas lectivas + 150 horas de prácticas). A parte teórica impartirase durante os sábados e domingos. En horario de 9:00 a 14:00 e 15:00 a 20:00 horas. 

As datas do curso son as seguintes: decembro (días 3, 4, 10, 11, 17 e 18); xaneiro (días14, 15, 21, 22, 28 e 29); febreiro (4, 5, 11 ,12, 25 e 26); e marzo (4 e 5 de marzo). 

Desde a Concellaría de Mocidade, David Rivas, explicou que “para acadar o título de monitor/a de tempo libre é obrigatorio asistir ao curso podendo faltar como máximo o 20% das horas. O número de prazas é de 25. Para que o curso se leve a...

leer más
Etiquetas:
15/07/2020

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, fai un balance positivo da decisión adoptada hoxe polas autoridades sanitarias de abrir ao turismo 6 dos 7 concellos que levan 10 confinados. Trátase de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo. Paleo amosa a súa solidariedade con Burela: “mandámoslles o noso apoio aos compañeiros e compañeiras de Burela e a todos os veciños e veciñas cos que agardamos compartir unhas cañas en canto sexa posible. O que pasou nesa vila pode ocorrer en calquera lugar. Moito ánimo e vémonos pronto”.

Para José Carlos Paleo “esta é unha moi boa nova, pola que todos estábamos a agardar. Hai que darse conta que estamos a mediados de xullo e que é moi importante para a reactivación do turismo e da economía na nosa comarca”.

O presidente da FCAM lembra que “a vida seguiu e segue e temos que...

leer más