Eventos

25/06/2026

A parroquia de San Pedro de Benquerencia, no municipio de Barreiros, celebrará as súas festas patronais esta fin de semana, sábado 27 e domingo 28 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:30 horas con sesión vermú amenizada polo grupo Elebe 2.0, que tamén actuará na verbena xunto a DJ Xulio

E o domingo ás 11:45 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro Airiños do Mar. Seguidamente haberá procesión e despois sesión vermú co dúo Puma. Ás 15.00 horas comezará unha comida veciñal e despois do café comezará unha sesión de tardeo con DJ Xulio.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
25/06/2026

A localidade de Saldoira, no municipio de A Pontenova, celebra as festas na honra de San Pedro da Ribeira esta fin de semana, venres 26 e sábado 27 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 22:00 horas con churrascada. E a continuación haberá verbena co grupo Lume.

E o sábado celebrarase misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú co grupo Folixa. A organización dos festexos destaca: “durante a sesión vermú teremos degustación gratuíta de embutidos de raza porco celta no marco do programa Un gusto de rural, un rural de gusto, da Área do Rural da Deputación de Lugo. Haberá merendas no campo da festa, como de costume (merendeiros acondicionados)”. E rematarán os festexos con verbena amenizada polo grupo Folixa.

25/06/2026

A rapa das bestas do Campo do Oso, en Mondoñedo, abre este domingo, día 28 de xuño, a temporada na Mariña destas celebracións populares, que contan un ano máis co apio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que tamén anuncia que “a rapa de Candaoso, en Boimente (Viveiro) o 5 de xullo, e a de Neipín (Pontenova) o 18 de xullo, continuarán unha axenda que dá testemuño dunha forma de vida e unha relación cos animais e co territorio que configurou e mantén as paisaxes do interior da comarca”.

O deputado provincial de Rural, Daniel García, reuniuse cos gandeiros e gandeiras que impulsan esta tradición na comarca, ás que trasladou “o compromiso coa organización das rapas e, particularmente, coa gandería extensiva que é a que sostén esta tradición ligada ao coidado e ao saneamento dos animais que se crían no monte”,

... leer más
Etiquetas:
25/06/2026

As festas patronais de San Pedro, no municipio de Viveiro, celébranse o venres 26 e o sábado 27 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 20:30 horas con churrascada amenizada polo grupo Fol do Raxal, a través do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo. Despois haberá verbena amenizada pola orquestra Suavecito e o dúo Belinda.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. A continuación comezará a sesión vermú coa orquestra Escaparate e o grupo Lecer. Tamén haberá xantar popular e despois baile con Rackel DJ e JLO el Romántico. E na verbena actuarán a orquestra Escaparate e o grupo Lecer.

Etiquetas:
25/06/2026

A parroquia de Sante, no municipio de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de xuño.

As activades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discoteca móbil The Sound Project.

O sábado desde as 21:00 horas haberá churrascada popular e despois verbena co grupo Master e o dúo Venus

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa cantada e procesión, seguida de sesión vermú larga con Los Adrianos.

Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de...

leer más
24/06/2026

A parroquia de Cangas de Foz celebrará as festas na honra á Virxe do Carme e a San Pedro esta fin de semana, días 26, 27 e 28 de xuño.

As actividades comezarán o venres 26 a partir das 21:00 horas cunha sardiñada e desde as 23:00 horas haberá verbena amenizada pola charanga Os Támega e Disco Móbil Conxuro.

O sábado 27 ás 13: 00 horas celebrarase misa solemne na honra á Virxe do Carme cantada polo grupo Mar Aberto. Despois haberá procesión e sesión vermú co grupo Galia. Pola tarde elaborarase unha alfombra floral e ás 22:30 horas comezará a verbena amenizada polos grupos Galia e a Banda de Ayer.

E o domingo 28 ás 13:00 horas haberá misa solemne na honra a San Pedro acompañada do coro Os Castros, procesión e sesión vermú co dúo Venus, que tamén amenizará o tardeo coa orquestra Los Satélites...

leer más
24/06/2026

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza a festa de San Xoán que se celebrará nesa localidade do municipio de Cervo este sábado, día 27 de xuño.

As actividades comezarán ás 19:30 horas con xogos tradicionais. A partir das 21:00 horas repartiranse bocatas, panceta e chourizo e ás 22:30 horas comezará a actuación de DJ Ovo. Ás 24:00 horas farase o acendido da fogueira e tamén haberá queimada.

Etiquetas:
24/06/2026

A asociación cultural O Picato organiza a fogueira de San Xoán e San Pedro en Trabada este venres, día 26 de xuño, desde as 21:00 horas. Haberá sardiñada, queimada e música a cargo da acordeonista Leticia.

Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de lecer para veciños e visitantes”.

O Goberno municipal reafirma “o seu compromiso de colaboración con estas entidades, apoiando iniciativas que fortalecen a participación cidadá, a convivencia e o atractivo do concello ao longo de todo o ano”.

23/06/2026

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Servizos Sociais, Tamara Soto; e a primeira tenente de alcalde, María Dolores Meitín, acompañados por membros da directiva da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro (Rubén Sánchez e Alex Quintas), presentaron o cartel da festa de San Pedro, que se celebrará este sábado, día 27 de xuño, no campo da festa do Cruceiro. O Concello de Xove explica que esta celebración “supón a recuperación dunha verbena moi querida pola veciñanza da parroquia de Xuances, que levaba case 30 anos sen celebrarse. A iniciativa da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro foi recibida con gran satisfacción polos veciños e veciñas, que ven nesta recuperación unha oportunidade para volver compartir unha das citas festivas máis tradicionais da parroquia”.

A programación dará comezo o sábado na igrexa de Xuances...

leer más
23/06/2026

A Deputación de Lugo abriu o prazo para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse na nova programación de actividades gratuítas e de lecer que organiza a institución provincial para este terceiro trimestre do ano. O calendario inclúe 12 propostas que tratan de fomentar o lecer saudable e a educación ambiental nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola propia Deputación. A programación estenderase dende o 16 de agosto ata o 3 de outubro e inclúe un total de 190 prazas para toda a veciñanza.

As actividades na Reserva Terras do Miño iniciaranse a semana do 31 de agosto ao 4 de setembro co obradoiro Rematando o verán, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 15 prazas e está dirixido a nenos e nenas.

A...

leer más