Eventos

Etiquetas:
17/06/2026

Ribadeo acollerá do 19 ao 21 de xuño a Feira Galega de Artesáns. Contará con 15 stands que estarán situados na Praza de España. O horario de apertura será de once da mañá a nove da tarde.

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, anunciou que “esta fin de semana teremos a oportunidade de ver en Ribadeo as creacións e as propostas dos artesáns galegos, que chegan á nosa vila da man da Xunta e de Artesanía de Galicia”. A edil ribadense explicou que “nos 15 postos desta Feira Galega de Artesáns poderemos atopar complementos de moda e téxtiles, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutería, xoguetes ou esmaltes”.

Saiz indicou que “esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas e consideramos que será un atractivo importante para Ribadeo a súa celebración esta vindeira fin de semana. O...

leer más
Etiquetas:
16/06/2026

Ribadeo acollerá este venres, día 19 de xuño, o Foro de Turismo España Verde.

O alcalde ribadense, Dani Vega, anunciou que “Ribadeo vai acoller o Foro de Turismo España Verde, unha marca que se creou no 1989 por 4 comunidades autónomas. Estamos a falar que desde Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco todas xuntas crearon esa marca, esa estratexia de traballar polo turismo verde. Desde logo somos unhas comunidades autónomas que temos unha estratexia conxunta en moitas materias. Estamos falando de que cando nos unimos en materia de infraestruturas, en materia de inversións, en vías de comunicación, tamén na sanidade pública e nos servizos sociais, en materia de industria e de impacto laboral, creo que tamén é moi oportuno xuntarse, analizar e falar de temas como turismo, o turismo de calidade, o turismo verde e acoller a todas estas...

leer más
Etiquetas:
16/06/2026

O Concello de Foz organiza este domingo, día 21 de xuño, unha nova edición da histórica Feira da Espiñeira (Vilaronte) este ano en colaboración con Flor do Toxo.

O Concello de Foz anuncia que “a feira dará comezo ás 10 da mañá e contará con pulpería e sesión vermú a cargo a Puzzle animación. Xa a tarde, a partir das 17.00 horas, a emoción virá coas carreiras de cabalos en categoría de serrada e chapeada (+1,5 e -1,5) e tamén sub16. Haberá trofeos para os participantes deseñados pola ceramista focega Chus Lage”.

“Agradecemos a boa disposición de Teresa (Flor do Toxo) para levar a cabo a organización desta feira. Sen a implicación de xente nova moitas tradicións esmorecen, polo que debemos recoñecer as ganas e o traballo de quen se pon a disposición para que as actividades saian adiante”, explica a concelleira de...

leer más
15/06/2026

Este mércores, día 17 de xuño, ás 18:30 horas, alumnado de danza clásica da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo ofrecerá unha actuación no Quiosco da Música do Parque de San Francisco ribadense.

Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade.

A actividade “constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes”, explica a EMMeD de Ribadeo.

15/06/2026

El restaurante El Oviedo, de Ribadeo, dentro del ciclo de actividades culturales que con carácter periódico llegan a su espacio, ofrece a sus clientes una velada de música y gastronomía para este viernes, día 19 de junio. Actuará la cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo.

A través de conciertos, catas y encuentros con productores agroalimentarios, El Oviedo “pretende dinamizar el tejido cultural ribadense, combinando dichos eventos con menús degustación y bocados únicos, pensados específicamente para cada cita. El calendario de actividades se retoma el próximo viernes 19 de junio y traerá de nuevo hasta nuestra localidad a la cantante e instrumentista Mónica Acevedo, una reconocidísima voz dentro del panorama jazzístico asturiano y la canción francesa que para esta actuación será en formato solista”.

...

leer más
15/06/2026

O Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar na tradicional Festa de San Xoán de San Ciprián, organizada polo grupo A Rebolaxe, que terá lugar o martes 23 de xuño no aparcadoiro do estanco da Praia do Torno.

“A programación dará comezo ás 19:45 horas coa actuación de Cuarteto Illa Pancha. Ademais, durante a tarde celebrarase o sorteo dunha paleta de porco. A partir das 20:00 horas haberá hamburguesas á grella e bocadillos de touciño e chourizo á venda para todas as persoas asistentes. Xa pola noite, ás 21:30 horas, será o concerto de Mi Rollo es el Rock, e á medianoite (00:00 horas) prenderase a tradicional fogueira de San Xoán, un dos momentos máis agardados da celebración”, anuncia o Concello de Cervo.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou o evento acompañada do...

leer más
15/06/2026

O Concello de Trabada colabora na celebración da segunda edición da Concentración Moteira, organizada polo Motoclube A Cadeira. Un evento que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño na explanada do parque e que “volverá reunir a afeccionados ao motor, veciñanza e visitantes nunha fin de semana chea de actividades”.

A programación inclúe propostas para todos os públicos con rutas, exhibicións, xogos, concertos, verbenas e actividades de convivencia, “consolidándose como unha cita destacada dentro do calendario festivo e social do municipio”, destaca o Concello e o alcalde de Trabada, Rubén García, quixo poñer en valor “o importante traballo que realizan asociacións como o Motoclube A Cadeira, así como o resto de clubs e comisións de festas do noso concello, á hora de dinamizar a vida social e cultural do municipio con iniciativas deste tipo...

leer más
Etiquetas:
14/06/2026

Lucía Legazpi López, de Ribadeo, viaxará en setembro a Lanzarote grazas ao Pasaporte de Acisa. Esta novidosa campaña concluíu co sorteo ante notario deste importante premio. Foi ás dúas da tarde na rúa San Francisco, desde o escenario de Nuevo Ritmo, o grupo que puxo a nota musical a este especial Domingueo en Ribadeo.

Exerceu de man inocente unha das compoñentes do grupo musical. O sorteo celebrouse ante a presenza da notaria Rocío de la Hera Ortega.

Na entrega da viaxe a Lanzarote participaron as concelleiras ribadenses Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, así como as directivas de Acisa Manoli Torviso e Trinidad Otero, xunto á presidenta e ao xerente do colectivo empresarial, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

Durante toda a mañá foron moitas as persoas que se achegaron a depositar os seus...

leer más
Etiquetas:
14/06/2026

O xoves 18 de xuño o Concello de Barreiros organiza unha xuntanza de fin de curso para os dous colexios, CEIP de San Cosme e CEIP de San Miguel. Será na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas.

Haberá unha actuación musical, que correrá a cargo de María Faltri co seu espectáculo Picadiscos, “unha hora de música infantil en galego para que a cativada non deixe cantar e bailar”, anuncia o Concello de Barreiros.

14/06/2026

A parroquia de San Adriano, no municipio de Lourenzá, celebrará a festa romaría na honra ao seu patrón o día 16 de xuño, martes.

As actividades comezarán ás 9:00 horas coa primeira misa, ás 10:00 horas será a rogación, seguida de misa; ás 13:00 horas celebrarase a misa de mediodía seguida de sesión vermú co dúo Venus.

E ás 19.00 horas haberá a última misa e de seguido festa verbena co dúo Venus e o grupo D' Cano.