
O Concello de Viveiro organiza unha Ruada de Contos os días 2, 3, 12 e 19 de setembro e anuncia: “presentamos unha nova programación da Ruada de Contos, con catro propostas para gozar da narración oral en familia no atrio de Santa María. En caso de choiva as actividades trasladaranse á Sala Multiusos do Concello”.
O mércores 2 ás 18:30 horas estará Fran Rei con Hamelín; o xoves 3 ás 18:30 Cés Orquestra, con A voar; o sábado 12 ás 12:30 horas A Cova da Letras, con Costureiriña bonita; e o sábado 19, ás 12:30 Tarabela, con Idea.
“Unha oportunidade para compartir historias, imaxinación e moitos contos cos máis pequenos da casa”, explica o Concello de Viveiro.


